A Policía Local de Lugo estrea novos chalecos antibalas

Lara Méndez defende que máis seguridade para a Policía Local é máis seguridade para a cidadanía.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 21/12/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Garantir a seguridade a quen lla garante á cidadanía, á Policía Local. Con este obxectivo, o Concello adquiriu 55 chalecos antibalas e antipunzantes para o corpo, así como 119 fundas individuais exteriores Dentro desta partida virán distintas tallas, incluíndo unha específicas adaptadas á fisionomía da muller. Unha adquisición que custou 33.000 euros e que a súa alcaldesa, Lara Médez, xustificou pola necesidade de dotar de “máis seguridade” aos funcionarios.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, cun chaleco antibalas
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, cun chaleco antibalas | Fonte: Concello de Lugo

“Dita adquisición xustifícase en preceptos que temos claros como Goberno, e, como persoas con sensibilidade laboral. É a nosa obriga garantir a seguridade dos traballadores e darlles os elementos para o seu traballo”, subliñou. “Dotar aos policías de mellores instrumentos é, directamente dotar á cidadanía de máis seguridade. Cada euro investido na Policía é diñeiro investido en cada un dos e das lucenses, en Lugo”, engadiu a rexedora.

As novas prendas de seguridade teñen paneis ou paquetes balísticos que outorgan protección a peito, costas e costados, así como material de protección contra obxectos punzocortantes. Estes paneis irán envoltos e selados con 3mm de ancho de soldadura como mínimo nunha funda protectora de poliamida de alta tenacidade para garantir a súa protección.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Valerio

Lembrádesvos da policía local de Mosteirín? Cando aos policías locais de Lugo déronlhes a escolher entre revólveres e outros modelos de pistolas? Cada ún dos municipais levaba un modelo diferente. Si ún quería serem como un pistoleiro do oeste levaba un revólver. Si outro quería serem como "LOS HOMBRES DE HARRELSON" levaba outro modelo. E todos sabemos que era en plena "democracia do 78". Naquel entón a policía local pegaba e torturaba como calquera policía. E os xuices amanhaban as probas para sempre exculpalos. Non sei agora se xa son algo máis persoas. Antes eran o máis baixo que había. Os cidadáns non eran moito melhor. E Mosteirín non te conto nada que non saibas ou intúas.

1 lugues

E quen defende a cidadanía dos policias locais de lugo,