Temas: HOMOFOBIA PSDEG

O PSdeG pídelle á Xunta que prohiba o reparto de panfletos homófobos en centros educativos

Denuncia que unha organización ultraconservadora repartiu textos empregando argumentos ideolóxicos e discriminatorios en contra da comunidade LGTBI e atacando as leis para a igualdade de xénero.

Por Galicia Confidencial | | 21/12/2016 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

Hai uns días, as entidades LGBTI galegas enviaron un escrito á Consellería de Educación e á Valedora do Pobo para alertar do envío dun panfleto homófobo aos centros educativos e anunciaban a posibilidade de denunciar este feito ante o Ministerio Fiscal. Agora é o PSdeG, a través do eu portavoz de Educación, Luis Álvarez Martínez, quen presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que prohiba o reparto nos centros educativos desta publicación.

Imaxe de portada de '¿Sabes lo que quieren enseñarle a tu hijo en tu colegio? Las leyes de adoctrinamiento sexual', panfleto propagandístico que Hazte Oír repartiu por colexios contra a diversidade sexual.
Imaxe de portada de '¿Sabes lo que quieren enseñarle a tu hijo en tu colegio? Las leyes de adoctrinamiento sexual', panfleto propagandístico que Hazte Oír repartiu por colexios contra a diversidade sexual.

Unha iniciativa que chega logo de detectar a distribución nos centros de ensino dun texto dunha organización ultraconservadora contra as leis para a igualdade LGTBI. O texto difundido, advirte, “pretende crear unha alarma inxustificada deostando con argumentos ideolóxicos e discriminatorios á comunidade LGTBI, á que acusa de querer causar un grave dano ao alumnado”. O folleto, distribuído baixo o título “Sabes o que lle queren ensinar aos teus fillos no colexio?”, e asinado por Hazte Oir, “ataca duramente á educación no respecto á diversidade sexual e de xénero”.

Álvarez alerta das afirmacións da dita publicación, que ataca á “proliferación” de leis autonómicas “que buscan impoñer na sociedade a ideoloxía de xénero” e cos que os gobernos “adhírense á corrente ideolóxica defendida polos lobbies do feminismo radical e LGTBI”.

Os socialistas galegos presentaron unha batería de iniciativas parlamentarias reclamando que o Goberno galego prohiba o reparto nos centros educativos da comunidade autónoma, tanto públicos como privados, “de calquera publicación que poña en cuestión a igualdade das persoas e, nomeadamente, aquelas que supoñan un cuestionamento das políticas de igualdade de trato e non discriminación por motivos de orientación sexual”.

Máximo rexeitamento

O responsable socialista amosa a súa “fonda preocupación e máximo rexeitamento” a esta propaganda “contraria aos valores contidos no noso ordenamento xurídico, de tolerancia, respecto á diversidade e a non discriminación”. Traslada a súa confianza no traballo do profesorado para desenvolver unha educación en valores en defensa destes principios, e lembra que o alumnado LGTBI “é un dos que máis sofre o acoso escolar”.

Os socialistas galegos consideran “imprescindible que se cumpran todas as medidas legalmente establecidas para garantir o benestar das nenas, nenos e novos LGTBI nos colexios e institutos”. 

Temas: HOMOFOBIA PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Zass

"Últimamente en algunos Estados se pretende enseñar obligatoriamente los llamados derechos de tercera generación, como el derecho a la diversidad sexual, los derechos reproductivos y otros. Dejando de lado la cuestión de la pretendida existencia de tales derechos, se debe recordar que no aparecen en ninguna declaración de derechos fundamentales. Esos supuestos derechos inciden claramente en las convicciones morales que cada persona tiene. Es un abuso que el Estado imponga la enseñanza de unos derechos que ni siquiera están reconocidos, en violación del derecho que asiste a los padres de escoger la enseñanza moral que se imparte a sus hijos, el cual sí está reconocido en todas las declaraciones de derechos humanos." http://www.iuscanonicum.org/index.p...