Santiago estrea un sistema pioneiro en España para ensaios de tratamento de auga

O equipo Biogroup da Universiade de Santiago de Compostela instala na planta depuradora da Silvouta unha plataforma para ensaios na que desenvolverá varios proxectos, entre eles dous europeos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/12/2016 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O equipo Biogroup da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da Universiade de Santiago de Compostela (USC) conta dende este mércores na planta depuradora da Silvouta cunha plataforma para ensaios de tratamento de auga na que desenvolverá varios proxectos, entre eles dous europeos. O proxecto é financiado polo Ministerio de Economía e Innovación e apoiado por Augas de Galicia, Confederación Miño-Sil, Acuaes e o Concello de Santiago de Compostela. 

Plenta, a primeira instalación destas características en España, vai permitir a validación a escala piloto de novas tecnoloxías de tratamento de augas empregando auga real. Os seus responsables advirten ademais de que calquera empresa ou centro de investigación poderá validar nela os seus equipos. Por outra banda, como apunta o profesor da USC e membro do grupo, Juan Lema Rodicio, os traballos realizados neses laboratorios “poderían ser de interese” para facilitar datos de deseño para a próxima planta de tratamentos de augas de Santiago de Compostela. 

O grupo que traballará nas novas instalacións, Biogroup, licenciou nos últimos tres anos un total de nove patentes sobre tecnoloxías de tratamento de augas ás empresas SUEZ, Aqualia e Espina Obras hidráulicas. Este equipo da ETSE forma parte de CRETUS, unha agrupación da USC formada por 8 grupos de investigación titulares e 5 asociados e composta por 38 profesores e 98 investigadores, que traballa cunha visión pluridisciplinar e transversal sobre tecnoloxías ambientais en todos os seus procesos. 

Á inauguración desta instalación asistiron a vicerreitora de Investigación, Isabel Rodríguez-Moldes; o alcalde de Santiago, Mariño Noriega; o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro; o delegado en Galicia de Viaqua, Julio Masid; o xefe de operacións de Viaqua, Jose Antonio del Rey; o director xeral de Augas de Galicia, Roberto Arias; o director técnico de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera; o director de Cetaqua, Alberto Sánchez; a decana da Facultade de Química, Pilar Bermejo; e un nutrido grupo de investigadores, docentes e técnicos do Departamento de Enxeñaría Química e da agrupación estatréxica CRETUS, informa a USC.

Inauguración na depuradora da Silvouta dunha plataforma de ensaios de tratamento de augas
Inauguración na depuradora da Silvouta dunha plataforma de ensaios de tratamento de augas | Fonte: Iria Lema.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Se alguén do Biogrupo chegase a ler este comentario precisaríamos orientación de onde debemos dirixirnos para AUDITAR a situación da Depuradora do Lagares de Vigo ??? http://www.noticiasvigo.es/vigo-pur... Ver comentario ao fondo da páxina !!!

2 Gamela

¿por que seguimos a meter cartos en sistemas que non funcionan? https://flic.kr/p/QpAGAj

1 Gamela

e non terán algo para solucionar esta trapallada? https://flic.kr/p/N12jZi