Temas: EMPREGO

Só Polonia supera a Galicia en taxas de traballo temporal

Un estudo do Instituto Galego de Estatística destaca que "a porcentaxe de asalariados con contrato temporal sobre o total de asalariados (taxa de temporalidade) presenta un repunte" e sitúase por riba da media estatal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2016 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

Polonia (cun 28%) supera a Galicia (cun 25,4%) e á media de España (25,1%) no ranking de rexións europeas con maiores taxas de temporalidade, segundo o estudo sobre salarios que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE). En concreto, no apartado de situación de Galicia respecto á Unión Europea, Estatística destaca que en España e na comunidade galega "a porcentaxe de asalariados con contrato temporal sobre o total de asalariados (taxa de temporalidade) presenta un repunte" nos dous últimos anos con respecto á tendencia decrecente que se observaba dende o ano 2006". Esta evolución, pola contra, "é máis estable na UE-28".

Marcha polo emprego de Redondela a Vigo para reclamar traballo e empregos dignos.
Marcha polo emprego de Redondela a Vigo para reclamar traballo e empregos dignos.

Na actualidade, segundo recolle a estatística, "tanto Galicia como España están á cabeza no ranking dos países con maiores taxas de temporalidade, só superadas por Polonia". Na comunidade galega, no ano 2015 foi do 25,4% e a media comunitaria, do 14,1%. O país coa taxa máis baixa foi Romanía (1,4%).

A taxa de temporalidade presenta lixeiras diferenzas segundo o sexo. Así, en Galicia, no ano 2015, foi do 26,8% para as mulleres e do 24,1% para os homes. No caso da Unión Europea, a taxa de temporalidade das mulleres foi do 14,5% fronte ao 13,8% dos homes.

TAXAS DE PARO, ACTIVIDADE E OCUPACIÓN

No ano 2015, España situouse no segundo posto da lista de países con máis taxa de paro (22,1%), situándose 12,7 puntos por arriba da media comunitaria (9,4%).

Galicia ocupou o terceiro posto cunha maior taxa de paro, só superada polo conxunto de España e Grecia. No extremo contrario estaba Alemaña, que conseguiu a menor taxa de paro, un 4,6%.

A taxa de ocupación en Galicia alcanzou o 43,1% en 2015, situándose nove puntos por debaixo da media comunitaria (52,1%). O país con maior taxa de ocupación foi Suecia (60%) e o de menor taxa, Grecia (39%).

TAXA DE PARCIALIDADE

A porcentaxe de asalariados con xornada parcial sobre o total de asalariados (taxa de parcialidade) foi en lixeiro aumento ao longo dos últimos anos.

No ano 2015, tanto a galega (15,8%) como a española (16,9%) é inferior á media comunitaria (20,6%). No caso galego situouse 4,8 puntos porcentuais por debaixo da media comunitaria. O país con maior taxa de parcialidade foi Holanda (52,4%) e o menor, de novo, Romanía (0,8%).

As diferenzas nesta taxa acentúanse cando se realiza o por separado por sexo. En Galicia a taxa pasou do 25,3% para as mulleres ao 6,6% para os homes. No caso da Unión Europea foi do 32,9% das mulleres ao 9,1% dos homes.

TAXA DE SALARIZACIÓN

Por último, o IGE analiza a taxa de salarización, é dicir, a porcentaxe de asalariados sobre o total de ocupados. Neste extremo, as porcentaxes son similares no caso de España e a UE-28.

No caso galego a taxa é menor, xa que no ano 2015 se situou no 78,7%, catro puntos por debaixo da media española e 5,2 puntos por debaixo da media da UE-28. Por países, Grecia presentou a menor taxa (65%) e Dinamarca a maior (91,3%).

Temas: EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 expaña ruina da GALIZA

aquí esta os resultados das mareas instaurar o gobernó capitalista do popular... e falando e pelexando entre eles como si fose todo una tabernaria, andan con entramados, con compoÑendas de fareas de partido alternativo e participación popular por ordenadores cifrados e con claves en maos da directiva podreira... o seu expañolismo, o seu dereitismo nos leva a miseria... non lles importa o gobernó comunistoide de coruño (alcalde de podreiros ) incluso o outro, si o de santiAGE xa esta incluso asustado... xente de -Vieiras gastando ducias de milleiros de euros en mamarrachadas no mariscal do entroido coruño pacorro vaquez... non teñen vergonza os mareados.... son xa a antesa do fascinerio... VOTAR PODREIROS E DEREITAS NO PODER!!!!