Nace unha plataforma para defender a permanencia de Sargadelos en Ferrol

A Plataforma Salvar Sargadelos- Ferrol pide a implicación das institucións e anuncia que realizará concentracións periódicas para evitar o seu peche.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 23/12/2016 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño acaba de impulsar a creación dunha nova plataforma para loitar para que o centro que Sargadelos ten en Ferrol non desapareza, tal e como quere o grupo empresarial que no seu día fundou Isaac Díaz Pardo.

Galería Sargadelos de Ferrol
Galería Sargadelos de Ferrol | Fonte: Sargadelos

Este novo momento, a Plataforma Salvar Sargadelos-Ferrol, quere instar as institucións públicas, Concello de Ferrol e Xunta de Galicia a que se impliquen para evitar o peche da actividade deste centro. Por iso, anima a outras entidades e asociacións da comarca a participar deste movemento que, anuncian, realizará concentracións periódicas para evitar o peche.

“Ante o anuncio de peche da Galería Sargadelos- Ferrol, as entidades e maioría social expresamos o noso rexeitamento polo signivficado que representa o legado de Isaac Díaz Pardo, benquerido intelectual de nosa cultura galega”, indca esta nova plataforma nun comunicado. “Estendemos que dende esta Plataforma non debemos permitir que a súa obra cultural caia no esquecemento para continuar o seu legado nesta cidade de Ferrol e difundilo ao mundo socio-cultural”, engade.

Así, lembra que a galería de Sargadelos na cidade é un importante “centro social, reivindicativo, político e cultural”. Varios representantes sociais, como Asociación Cultural Fuco Buxán, S.C. Medulio, Asociación C. San Fernando, Avv A Magdalena, grupo político BNG, Asociación veciñal O Rosario –Inferniño e moitos cidadáns xa expresaron o seu “total rexeitamento” ao peche da galería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ramiro

E o alcalde rebelde e o concelleiro de cultura, fumando na bañeira