Temas: RAG

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos rexeita a demanda da RAG sobre o decreto do plurilingüismo

A institución lamenta esta decisión e insta á Xunta a retomar o "espírito" da Lei de Normalización Lingüística

Por E.P. | A CORUÑA | 23/12/2016 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos rexeitou a demanda presentada no mes de marzo pola Real Academia Galega (RAG) contra o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario, segundo informou a institución académica.

O Apalpador nun acto de Queremos Galego para pedir a derrogación do Decreto do Plurilingüismo
O Apalpador nun acto de Queremos Galego para pedir a derrogación do Decreto do Plurilingüismo

Así, a RAG apuntou que a Corte europea non admitiu a trámite a denuncia debido a que "segundo as súas propias normas" unicamente admite denuncias presentadas por particulares ou por colectivos "directamente prexudicados".

Nun comunicado, lamentou que non se atendese a súa alegación na que consideraba o citado decreto "discriminatorio" e do que aseguraba que vulneraba "o dereito humano fundamental á igualdade".

Asismimo, asegurou que presentou a demanda "de acordo coa súa obriga estatutaria de defensa do galego" e atendendo ao seu compromiso de "esgotar" todas as vías xudiciais fronte a esta norma. Dela, insistiu en que, ao seu xuízo, resulta "lesiva" tanto para os nenos e nenas que falan galego "como para o futuro do maior patrimonio inmaterial" de Galicia.

No seu comunicado, a RAG afirma que "respecta" a decisión do Tribunal Europeo, que non é recurrible, aínda que lamentou que non entrase a valorar o "fondo" dunha demanda que ve "plenamente xustificada". Así, recordou que esta institución comezou o proceso xudicial ante os tribunais españois para trasladalo logo aos europeos e que o fixo a petición de pais e nais de escolares.

NOVO MARCO LEGAL

A Real Academia Galega insiste, por outra parte, en que o sistema educativo é "unha peza clave para garantir o porvir do noso idioma e que resulta imprescindible un novo marco legal que faga efectivo o dereito dos mozos a recibir educación en galego".

"Poñendo fin á redución cuantitativa e cualitativa da presenza do galego no ensino que trouxo o decreto", engadiu.

Por todo iso, instou "unha vez máis" o Goberno galego "a que retorne ao espírito que inspirou a Lei de Normalización Lingüística de 1983 e non demore o inicio dunha nova etapa na que se dea impulso ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en 2004.

No seu comunicado, tamén reclama "consenso político", do que asegura que "necesariamente debe ser promovido polo Goberno galego".

Temas: RAG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Silvia

Estatuto de Autonomía de Galicia: Artigo 5: 1. A lingua propia de Galicia é o galego. A disposición en internet para calquera se saiba ler. Un saúdo

2 anonimo

El gobierno no puede hacer nada. Pero podían darles menos dinero ya que les sobra. En esto se gasta la RAG nuestros impuestos. En intentar que nuestros hijos no puedan estudiar en español http://elblogdeglorialago.blogspot.....

1 Non entendo nada

U-lo Goberno galego?