Temas: CARBALLIñO

Recuperado un expediente integrado por arquivos do século XV ao XVIII no Carballiño

A Xunta de Galicia recuperou nos depósitos xudiciais do Carballiño documentación dun xuízo especial de foros de 1947 con arquivos do século XV ao XVIII.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2016 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia recuperou nos depósitos xudiciais do Carballiño documentación dun xuízo especial de foros de 1947 con arquivos do século XV ao XVIII.

Códice medieval
Códice medieval

Nun comunicado, explicou que o documento foi atopado durante o proceso de identificación da documentación anterior a 1946, considerada de interese patrimonial e que, polo tanto, debe transferirse ao Arquivo Histórico Provincial co fin de conservala e poñela en valor, permitindo a súa divulgación.

En concreto, o expediente forma parte do fondo do Tribunal Especial de Foros e atopábase custodiado nos depósitos do actual Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº1 de O Carballiño.

Trátase dunha reclamación de renda foral dirixida a este Tribunal, na que se inclúe un testamento de doazón ao convento de San Domingo de Rivadabia, con data de 1427, da terra denominada 'Chao de Castela, lugar de Sobreira Maior, freguesía de San Juan de Piñeiro, xurisdición de Maside'.

Tamén se xunta escritura de propiedade de 1601 e Real Provisión de 1787 a instancia do Prior do Convento para facer rateo do foro do lugar de Sobreira Maior.

O sistema agrario galego, tal e como precisou o Goberno autonómico, estivo presidido historicamente polo réxime foral. O foro é un contrato agrario de orixe medieval e fórmula dominante da cesión da propiedade en Galicia dende o século XIII ata principios do século XX.

Temas: CARBALLIñO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta