A Xunta incrementa un 19% as axudas para o fomento das razas autóctonas galegas

Poderán ser beneficiarias destas achegas todas aquelas organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas que estean oficialmente recoñecidas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2016 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a orde da Consellería de Medio Rural pola que se convocan axudas para o fomento das razas autóctonas galegas para o ano 2017, por un importe total de 200.000 euros que, segundo a Xunta, supoñen un incremento do 19% respecto á convocatoria anterior.

Cabalo de pura raza galega
Cabalo de pura raza galega | Fonte: MAGRAMA.

O departamento que dirixe Ángeles Vázquez destaca, a través dun comunicado de prensa, que aposta pola conservación destas razas, "un recurso xenético fundamental na preservación de ecosistemas e pastos".

Así, as actuacións subvencionables son a creación ou mantemento de libros xenealóxicos, "incluíndo os gastos derivados da devandita actividade, os do local ou oficinas, ordenadores e material informático e o seu mantemento, actualización ou adquisición,", apunta.

Tamén serán subvencionables os gastos que se deriven do desenvolvemento do programa de mellora oficialmente recoñecido para a raza, no que se recollerán as actividades destinadas á conservación 'in situ' da mesma, así como a creación e mantemento de bancos de germoplasma en centros autorizados oficialmente e as probas destinadas a determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando.

Poderán ser beneficiarias destas achegas todas aquelas organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas que estean oficialmente recoñecidas para a xestión do libro xenealóxico das razas autóctonas españolas pola comunidade autónoma galega.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta, aínda que tamén se poderán presentar en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos.

O prazo de presentación será dun mes contado a partir deste mércores, día seguinte da publicación da orde no DOG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta