Valle-Inclán segue sumando seareiros

Preto de 70 persoas déronse cita en Santiago nun roteiro polos lugares emblemáticos do escritor.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/12/2016 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

Arredor dunhas 70 persoas, case tres veces máis do número previsto polos organizadores, participaron este mércores no primeiro roteiro guiado polos lugares relacionados co escritor Valle-Inclán, que viviu a parte final da súa vida na cidade e que está soterrado no cemiterio de Boisaca. 

Participantes no roteiro urbano por Santiago adicado a Valle-Inclán
Participantes no roteiro urbano por Santiago adicado a Valle-Inclán | Fonte: Ateneo de Santiago

Durante o roteiro os participantes visitaron xunto a un guía de diferentes lugares da zona histórica como as prazas da Azabachería, Praterías, Quintana ou o interior da Catedral. A visita, que arrincou da estatua ao escritor situada na Alameda, tamén pasou por outros lugares destacados para o autor como o Teatro Principal.

A cita rematou no Casino,onde Valle-Inclán recibiu clases de esgrima, cunha lectura pública de varios textos do autor nos que se colan referencias a capital galega, cidade en que viviu en diferentes etapas da súa vida e na que descansan os seus restos. A xornada rematou cunha chocolatada con churros.

A presentación dos actos contou coa presenza do neto do escritor, Xaquín del Valle-Inclán, que participou na lectura dos textos e que destacou que a iniciativa permitirá "camiñar pola cidade dende outro punto de vista".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta