Que vai pasar coa situación política de Rafael Louzán?

Feijóo evita mollarse sobre o futuro político do ex presidente do PP en Pontevedra ou sobre a súa dimisión como presidente da Federación Galega de Fútbol. Louzán di sentirse vítima dunha “persecución sen base”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/12/2016 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Rafael Louzán, o ata hai ben pouco todopoderoso home do PP en Pontevedra, ex presidente da Deputación provincial e agora presidente da Federación Galega de Fútbol, ten un futuro político incerto. “Ten que tomar unha decisión”, dixo este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en relación a súa situación procesal.

Rafael Louzán, nos xulgados
Rafael Louzán, nos xulgados | Fonte: Europa Press.

E é que o  Xulgado de Instrución Número 2 de Cambados acordou a apertura de xuízo oral contra o Louzán, a súa muller e o concelleiro de Pazos de Borbén, Severino Reguera, por un delito de suborno. O auto sinala como órgano competente para o axuizamento o Tribunal do Xurado da Audiencia Provincial de Pontevedra e empraza as partes para que en 15 días comparezan ante o tribunal competente.

Esperamos que en vindeiras horas confirme a súa situación”, dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta ao ser preguntado polo seu papel como asesor político do grupo popular na Deputación de Pontevedra. Sen embargo, o presidente galego non se pronunciou se debe dimitir como presidente da Federación Galega de Fútbol, cargo ao que accedeu logo de deixar a presidencia do organismo provincial. “Eu non son directivo da federación e débelle preguntar iso a outros”, respondeu ao ser preguntado por GC se non cre que Louzán debería dimitir deste organismo para dar exemplo.

O expresidente provincial reiteraba pouco antes destas declaracións de Feijóo a súa inocencia ante a decisión de abrir xuízo oral contra el e asegurou sentirse vítima dunha "persecución sen base" e dun intento de "axustizalo" por un caso que "non se sostén". "¿Queremos xustiza ou queremos axustizar por parte do Ministerio Fiscal a alguén chamado Rafael Louzán?", dixo o expresidente do PP de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 San Martiño

Cando lle virá o San Martiño ao seu colega en Ourense???

1 Gose Manuel

E ao de Lalín