Temas: MúSICA

Macy Gray actuará en Pontevedra

O Concello de Pontevedra está a organizar o ciclo "Vocies", unha nova aposta cultural na cidade que vivirá a súa primeira edición no próximo 2017 e que nace co obxectivo de achegar a Pontevedra a algunha das mellores voces nacionais e internacionais; desde as máis clásicas ás máis vangardistas, tratando de recoller as voces máis destacadas do panorama musical actual nun contexto de programación ás voces galegas.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 30/12/2016 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

As entradas para o concerto do  venres 7 de abril de 2017, 21:00 horas (20:00 horas apertura de portas) no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra) sairon a venda Anticipada en Ataquilla.com por 20 euros máis gastos.

Macy Gray
Macy Gray | Fonte: wikimedia

 

"Voices" apostará polas sonoridades do mundo, sen atender a estilos nin modas, buscando sempre a calidade musical como valor principal desta programación. Soul, rock, indie, worldmusic e jazz, entre outros estilos musicais, irán atopado o seu espazo neste ambicioso ciclo musical que sen dúbida aspira a converterse nun referente, non só en Galicia, senón en todo o norte peninsular.

A primeira gran voz en recalar en Pontevedra será Macy Gray, que actuará o próximo 7 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Nada e criada en Ohaio, comezou a despuntar cando o século XXI arrincaba co lanzamento en 1999, con tan só 20 anos de idade, do seu primeiro álbum, "On How Life Is". Peza exquisita gravada mentres MacyGray estudaba na Universidade de California, co seu single "I Try" conseguiu un Grammy á mellor intérprete feminina, un premio co que comezaba a lenda de quen hoxe é considerada como unha das voces máis importantes do neo-soul. Mentres o seu talento como cantante despuntaba, Macy Gray probaba sorte noutras lidees e debuta como actriz en 2002 nas películas "TriningDay" e "Spiderman". Actuou xa en máis dunha ducia de filmes entre os que se pode destacar a súa participación en "ThePaperboy"(2012) xunto a estrelas como Matthew McConaughey, ZacEfron, John Cusack ou Nicole Kidman.

Cunha carreira chea de éxito que inclúe varios Grammy e premios Billboard, Brit e MTV Awards, ademais dunha cifra de vendas por encima dos 25 millóns de discos en todo o mundo a integridade de MacyGray como artista permitiulle forxar unha carreira que conquistou por igual ao público e crítica ao redor do mundo. A súa música transciende xéneros, desde o experimental ao rock alternativo, pasando polo retro-disco e o hip-hop.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta