Temas: INCENDIOS LUMES

O noroeste peninsular, o máis afectado polas vagas de lumes en 2016

Os incendios arrasaron en todo o Estado un total de 62.830 hectáreas de superficie dende que comezou 2016 ata o 30 de novembro, o que representa case un 35% menos que a media do decenio. A parte noroeste sufriu o 43,26 por cento dos incendios

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/01/2017 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

O noroeste peninsular sufriu case a metade dos lumes que arrasaron no Estado un total de 62.830 hectáreas de superficie dende que comezou 2016 ata o 30 de novembro, o que representa case un 35% menos (34,94%) que a media do decenio e un 22,1 por cento menos que o ano pasado, segundo datos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama).

Traballadores de Atrifoga sofocando un lume
Traballadores de Atrifoga sofocando un lume | Fonte: Atrifoga

As cifras poderían servir case de balance anual provisional posto que neste mes de decembro non se produciron tantos e tan virulentos incendios forestais como si se rexistraron o ano pasado na cornixa cantábrica, dende Galicia ata Navarra.

Así, os datos indican que tamén este ano se produciron menos incendios forestais que en 2015 e que a media do decenio, pero destaca o número de grandes incendios forestais, xa que de momento, este sería o quinto ano do decenio con maior número de lumes que afectaron a máis de 500 hectáreas.

En concreto, neste 2016 producíronse 22 grandes incendios forestais, un menos que a media do decenio e 8 máis que o ano anterior. En total, ata novembro producíronse 8.476 sinistros, dos que 6.296 foron conatos, é dicir, que afectaron a unha hectárea ou menos superficie e 2.180 incendios, de entre 1 e 499 hectáreas de superficie afectada.

Por áreas xeográficas, o 43,26 por cento dos sinistros aconteceu no noroeste; o 33,82 por cento nas comunidades interiores; o 21,92 por cento no Mediterráneo e o 1 por cento, en Canarias.

Imaxe aérea dun incendio
Imaxe aérea dun incendio | Fonte: Exército do Aire.

Non obstante, atendendo ao lume que afectou á superficie arbolada destaca o 14,79 por cento de Canarias, en boa medida debido ao grande incendio da illa de La Palma, que afectou a grande parte da illa. En todo caso, case a metade da superficie arbolada, exactamente o 47,64 por cento, queimouse no Noroeste; o 20,40 por cento no Mediterráneo e o 17,17 por cento nas comunidades interiores.

En canto á superficie forestal, o 48,73 por cento ardeu no noroeste; o 24,33 por cento nas comunidades interiores; o 20,18 por cento, no Mediterráneo e o 6,76 por cento en Canarias.

Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta