A Xustiza declara “ilegal” o apoio do Concello de Santiago ao boicot a Israel

Esta sentencia pode ter recorrido político en Galicia, dado que pode servir de precedente as adhesións á campaña "Boicot, Desinvestimento e Sancións" (BDS); que tamén foi aprobada noutros municipios do país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2017 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) informa que a Xustiza declara "ilegal" o acordo aprobado di pleno do Concello de Santiago polo que a capital galega se adhería, por iniciativa de Compostela Aberta, á campaña de boicot ao país hebreo promovida por 'Boicot, Desinvestimento e Sancións (BDS).

Protesta no concerto da israelí Noa na Cidade da Cultura - WB
Protesta no concerto da israelí Noa na Cidade da Cultura - WB

Segundo o grupo de apoio aos palestinos Boicot, Desinvestimento e Sancións (BDS) polo menos outros dos concellos do país sumáronse en 2016 ao boicot: Concello de Oleiros, onde gobernan os independentes Alternativa dos Veciños, e Teo, onde goberna SondeTEo, unha coalición liderada polos nacionalistas de ANOVA.

A través dun comunicado emitido este luns, AGAI apuntou que o Tribunal número 1 de Santiago de Compostela emitiu unha sentenza na que "declara ilegal" o acordo. Outro colectivo pro-sionista,  Acción de Comunicación sobre Oriente Medio (ACOM) asegura que a Xustiza indica que o Concello de Santiago non ten competencias para adoptar medidas de política internacional, mentres que a defensa do municipio argumentaba que a adhesión era unha mera declaración política.

O 10 de novembro de 2015, o pleno de Santiago de Compostela aprobou -- cos votos a favor de Compostela Aberta, BNG e PSOE e en contra do PP-- unha moción que declaraba a capital galega "libre de discriminación contra o pobo palestino" e instaba a "absterse de colaborar co Estado israelí, as súas institucións públicas ou os seus representantes oficiais no Estado español".

Deste modo, a Casa do concello compostelano adheríase á campaña internacional de boicot a Israel promovida por Boicot, Desinvestimento e Sancións (BDS). No verán de 2016 ,o PP local tentou tirar abaixo o "despropósito" da adhesión, pero a súa moción non prosperou no pleno. Os conservadores xa advertían que noutros municipios do Estado "grupos vinculados a Podemos" tamén aprobaran unha resolución similar e a Xustiza, como sucede agora en Compostela, botáraa abaixo. 

Manifestación a favor de Israel
Manifestación a favor de Israel | Fonte: flickr

"Dende AGAI felicitámonos hoxe pola decisión xudicial que vén a corrixir unha decisión equivocada, indigna da capital de Galicia, cidade aberta ao mundo (tamén a Israel), e que nunca debeu ser aprobada", presume a AGAI esta asociación nun comunicado. Dende ACOM,  tamén se celebra este "éxito" e lembra que recentemente obtiveron vitorias xudiciais parecidas en Sant Adrià (Barcelona), Santa Eulalia (Ibiza).

Polo de agora o Concello de Santiago non se pronunciou ao respecto. 

Velaquí o texto completo do acordo aprobado no seu día no Pleno do Concello de Santiago:

MOCIÓN DE URXENCIA DO GRUPO MUNICIPAL  DE COMPOSTELA ABERTA AO PLENO EN RELACIÓN Á PETICIÓN DE ADHESIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Á CAMPAÑA BDS GLOBAL

Concepción Fernández Fernández, Concelleira  de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, presenta ao pleno para a súa aprobación a seguinte MOCIÓN DE URXENCIA

En Xullo de 2005 unha ampla coalición de colectivos palestinos lanzou a campaña BDS Global (Boicot Desinvestimentos e Sancións. Contra a colonización , o apartheid e a ocupación israelí)   contra Israel apelando ás “persoas con consciencia en todo o mundo para impor amplos Boicotes e implementar iniciativas de Desinvestimento e Sancións contra Israel” como medida de presión para acabar con a cada vez mais sangrenta limpeza étnica do pobo palestino.

Sindicatos, universidades, colectivos sociais, asociacións de consumidoras, movimentos pacifistas, concellos, artistas, estudantes, profesionais dos mais diferentes ámbitos e de todos os continentes uníronse nun movemento cidadán e pacífico que crece e multiplica os seus resultados dia a dia. Un movemento global que se converteu no eixo reivindicativo da solidariedade con Palestina. Un movemento global de que Galiza non pode estar ausente.

Por todo isto, o grupo municipal Compostela Aberta, solicita ao pleno do Concello de Santiago de Compostela:

1.-A declaración do Concello de Santiago de Compostela, de espazo libre de discriminzación contra o pobo palestin, e a adhesión á Campaña BDS cuxos obxetivos  son:

-A finalización da  ocupación e colonización de todas as terras palestinas e o desmantelamento do Muro;

-O recoñecemento dos dereitos fundamentais da cidadanía  árabe-palestina de Israel para unha igualdade completa;

-O recoñecemento do dereito das persoas palestinas refuxiadas a retornaren ás súas casas e propiedades como o estipula a resolución 194 da Aseamblea Xeral das Nacións Unidas.

2.-Absterse de colaborar co Estado israelí, as súas institucións públicas ou os seus e as súas representantes oficiais no Estado español, en calquera proxecto de desenvolvemento agrario, educativo, comercial, cultural ou de seguridade.

3.-Difundir a campaña BDS entre a cidadanía e apoiala nos seus distintos ámbitos (económico, cultural, deportivo, académico e institucional).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 Israel é a vanguarda

Israel é a vanguarda contra o islão invasor, tudos os brancos cristãos ou não cristãos devíamos apoiar esse povo que luta contra a religião do diabo que é o islão.

1 Xesús Ateo Recalcitrante

Bebeches de máis?

5 Galegus

Me parece muy bien que se empiece a combatir el antisemitismo nacionalsocialista en Galicia

4 Marcelino del Val

A la falta de gobierno que hoy tiene Santiago...le quedan dos años. Los vamos a largar bien largados.

3 Mateo Morral

Efectivamente la Justicia en España es así! que apoyas a Franco, Hitler o Musolini....te ponen una calle!!!!!! o mejor aún te nombran ministro o Fiscal General, que apelas al Tribunal de la Haya, a las resoluciones de la ONU, a la Justicia divina y humana....te mandan a la cárcel y calladito eh? que si no viene el funcionario de turno y te fostia a mamporros en el CP donde te envien (si puede ser muy lejos de tu casa mejor) y aún encima te aumentan la condena por agresión a un funcionario. si protestas.....Y luego nos reiamos con "La muerte accidental de un anarquista" Joder Darío! un iluminado tú eras!!

2 constiprosti

outra mais dos elementos da xudicatura de podreiros ... os coleguitas de villano son semitas teñen a mosisesah como guía... os resultados son nefastos... aquí esta a demodesgracia a marea interclasista de gran burguesía e o que están conseguindo... "todo coa consti nada sin a consti" xuiz villano!