Temas: MúSICA

Os mellores discos indies do ano son galegos

Os dous novos álbums de Malandrómeda, 'Os corenta e oito nomes do inimigo' e 'Cada can que lamba ou seu carallo' (Matapadre), publicados á vez en 2016, foron elixidos discos nacionais do ano ex aequo na tradicional lista que publica Rockdelux no seu número de xaneiro. Velaquí os álbumes completos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2017 | Actualizada ás 09:54

Comparte esta noticia

Malandrómena
Malandrómena

Así, Marcos Gendre destaca este "díptico xenial" de Malandrómeda como "dous clásicos instantáneos" que funcionan en perfecto simbiose de contrarios".

"Se 'Os corenta e oito nomes do inimigo' usa a retranca como verbalización do presente 'no future', 'Cada can que lamba o seu carallo' é a representación máis colorista dunha Galicia global", apunta a revista Rockdelux. Malandrómeda tamén se atopa na categoría de cancións nacionais co seu tema 'VHS do futuro' (quinta posición).

Nesta lista, hai máis presenza galega con Triángulo de Amor Bizarro, pois o seu 'Salve discordia' ocupa o sétimo lugar entre os discos nacionais de 2016. Pola súa banda, o vigués Abraham Boba cólase no posto 14 co seu grupo León Benavente e o seu disco '2'.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta