Maxia sen coellos pero con Ipads

O teatro Afundación Vigo acollerá o espectáculo do mago Jorge Blass, «Palabra de mago», que terá lugar mañá e pasado cun total de 3 pases.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 02/01/2017 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

O primeiro día están programadas dúas sesións, ás 18.00 e ás 20.30 h, e o derradeiro día unha única de peche ás 20.30 h.  As entradas están dispoñibles a través das vías habituais de comercialización da entidade, como por exemplo Ataquilla.com , dende só 16,2 euros.

Jorge Blass na televisión ITV nunha imaxe do seu Instagram
Jorge Blass na televisión ITV nunha imaxe do seu Instagram

«Palabra de mago» é o derradeiro espectáculo de teatro de Jorge Blass que se estreou o pasado setembro de 2015 en Madrid. Tras colgar o cartel de «esgotadas as localidades» na meirande parte das ocasións, chega a Galicia para explorar o mundo da maxia en terra de meigas. O show é unha actualización da lonxeva arte da prestidixitación con ilusións imposibles e levitacións incribles. Actualmente xa non se empregan coellos ou chisteras, senón Ipads ou teléfonos móbiles. Cunha posta en escena moderna, empregando proxeccións audiovisuais e baile, o principal obxectivo do show é converterse nunha experiencia memorable e achegar ao público un novo xeito de facer maxia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta