Máis de cinco millóns de persoas recibiron 2017 con Estrella Galicia nos programas de Fin de Ano

O actor Manuel Manquiña foi o protagonista do anuncio tras as peticións recollidas dende redes sociais

Por E.P. | A CORUÑA | 03/01/2017 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

Máis de cinco millóns de persoas recibiron o novo ano brindando con Estrella Galicia "por un 2017 esaxeradamente bo", segundo informa a compañía galega cervexeira tras os programas especiais da noite de Fin de Ano nas canles de televisión de Atresmedia e Mediaset. Ao respecto, subliña que a presenza da cervexa na Noitevella "é xa unha tradición, que nesta ocasión reuniu un 40% de cota de pantalla", tendo o humor como proposta.

Manuel Manquiña anuncia Estrella Galicia
Manuel Manquiña anuncia Estrella Galicia | Fonte: Estrella Galicia.

Este ano, Estrella Galicia chegou aos fogares españois a través do actor galego Manuel Manquiña, "que se colou nos programas especiais destas cadeas, a petición popular, dende a plataforma change.org e dende as redes sociais, para desexar aos espectadores un 2017 esaxeradamente bo".

Ademais, e durante a retransmisión das campanadas, Carlos Sobera e Lara Álvarez en Telecinco e Cuatro, Cristina Pedroche e Alberto Chicote en Antena 3 e Frank Blanco e Irene Junquera en La Sexta, comezaron o 2017 cunha Estrella Galicia na man.

TELEVISIÓN E REDES SOCIAIS

A compañía destaca tamén que, segundo os datos recollidos por Kantar Media, dende o 25 de decembro cando se comezou a emitir o anuncio ideado por Ymedia co actor de 'Airbag', Estrella Galicia logrou "impactar á sociedade" tanto a través da Televisión coma en internet.

En televisión, a marca de cervexa chegou a máis de 30 millóns de persoas e sitúase en primeira posición, líder, no 'top ten' de anunciantes con mellor presenza neste medio.

Xunto á presenza en televisión, a campaña de Estrella Galicia tivo unha alta repercusión en internet. En total, impactou a máis de 21 millóns de usuarios a través das redes sociais Twitter, Facebook e Instagram co hashtag #campanadasconmanquiña.

O vídeo principal da campaña obtivo máis de 890.000 visualizacións. Mentres, a plataforma Change.org rexistrou unha petición con máis de 1.500 sinaturas para que Manuel Manquiña retransmitise os programas especiais de Fin de Ano, en directo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 guillerme gintonic

O sobriño de Fraga Iribarne, agora anuncia Estrella de Galicia