La Voz retira unha noticia falsa sobre presuntos ataques de lobos a cabalos

O biólogo David Álvarez denuncia que unha imaxe tomada en Asturias e publicada en 2010 no seu blog Naturaleza Cantábrica foi utilizada por La Voz nunha información falsa que describía como supostamente unha manda de lobos devorara un cabalo o 30 de decembro pasado en Abadín (Lugo). O científico considera que se enmarca nunha campaña do xornal para "cosechar lectores y suscriptores en el rural gallego".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/01/2017 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

O domingo 1 de xaneiro, La Voz de Galicia publicaba unha información que se fixo viral nas redes sociais co título "Un ganadero de Abadín caza con su cámara a un lobo devorando a un caballo". A imaxe do carnívoro sobre o équido morto e aberto en canal impactou a moitas persoas, que compartiron a nova sen saber que era falsa. Un día despois, o biólogo David Álvarez denunciou o caso no seu blog cun título oportuno para a súa queixa: "Prensa carroñera", denuncia que saltou á portada de Menéame. Tiña motivos: Álvarez é amigo do autor da fotografía, publicada en xaneiro de 2010 no seu blog e tomada seis anos despois, sen permiso, por La Voz para unha información sen contrastar e que carecía de veracidade.

Noticia falsa publicada en La Voz e retirada posteriormente, recuperada da caché de Google.
Noticia falsa publicada en La Voz e retirada posteriormente, recuperada da caché de Google.

Como relata na súa denuncia Álvarez, a imaxe do lobo devorando o cabalo non foi tomada nin en Abadín (Lugo) nin nestas datas, senón en Asturias no ano 2010. O biólogo considera a nova publicada en La Voz é un "ejemplo de esta falta de ética profesional y de carroñismo editorial" que afecta aos grandes medios. "Esa foto no está hecha en Abadín, está hecha en Asturias, y tampoco se ha tomado la pasada semana como se dice en el artículo, sino que había sido tomada en 2010", confirma o autor do blog Naturaleza Cantábrica.

O biólogo David Álvarez considera que a "animadversión por el lobo" do xornal coruñés é "debida al interés de cosechar lectores y suscriptores entre el rural gallego".

Segundo a información, falsa, publicada por La Voz, a imaxe do lobo devorando o cabalo na parroquia de Candia fora tomada por un gandeiro co seu teléfono móbil o pasado venres 30 de decembro. No texto, asegurábase que ese lobo formaba parte dunha manda de seis exemplares, cinco dos cales terían fuxido ao aproximarse o vehículo do gandeiro. Nada diso era certo.

ORIXE DA IMAXE

"No hay duda de que esa escena podría haber sido real, y que el supuesto ganadero de Abadín podría haber logrado hacer una foto con su móvil de ese lobo, aunque como mínimo el hecho de hacer esa foto con un teléfono no parece demasiado verosimil", explica David Álvarez no seu blog, no que aclara: "Esa foto no está hecha en Abadín, está hecha en Asturias, y tampoco se ha tomado la pasada semana como se dice en el artículo, sino que había sido tomada en 2010 y para colmo, no se trataba de una manada de lobos, sino de un único lobo devorando la carroña de un potro. ¿Y cómo puedo saber yo esto? Pues por la sencilla razón de que fui yo el que publicó la fotografía en este mismo blog, que había sido tomada unas semanas antes por mi amigo Xurde Gayol".

Captura do blog Naturaleza Cantábrica coa imaxe dun lobo devorando un cabalo, publicada o 4 de xaneiro de 2010 e que La Voz utilizou o 1 de xaneiro de 2017 para publicar unha nova falsa
Captura do blog Naturaleza Cantábrica coa imaxe dun lobo devorando un cabalo, publicada o 4 de xaneiro de 2010 e que La Voz utilizou o 1 de xaneiro de 2017 para publicar unha nova falsa | Fonte: www.naturalezacantabrica.es.

O autor da fotografía non dubida en cargar contra o xornal coruñés, do que cuestiona o seu labor: "Teniendo en cuenta que en La Voz de Galicia se ha usado una información falsa, se ha mentido y se ha utilizado material gráfico sin el consentimiento del autor, es evidente que al menos yo no puedo tomar como cierta ninguna de las noticias que aparecen en este medio de comunicación, ya que podrían tener el mismo origen", argúe o biólogo, quen ademais considera "patente" a "animadversión por el lobo" do xornal, a cal, deduce, "seguramente sea debida al interés de cosechar lectores y suscriptores entre el rural galego".

Ás queixas de Álvarez sumáronse ducias de persoas, que denuncian en Menéame e outros foros en Internet o uso "sensacionalista" que fixo La Voz desa fotografía. Porén, o xornal coruñés non rectificou nin pediu desculpas publicamente, só retirou, sen máis, a información, coma se nunca existira, sen rastro no seu sitio web; porén, a información falsa aínda se pode ver na caché de Google, de onde o xornal coruñés non a poderá borrar, como tampouco poderá borrar a denuncia do biólogo no seu blog e os comentarios en Menéame.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 liberto galego

o autentico LOBISIOME e a coz da malicia!!!! (hoxe mesmo ven chea de propaganda islamizante de al-andalus de atentados a caravana reises por toda Galiza, iso si que e terrorismo de masas o servizo do pepeiro - https://www.youtube.com/watch?v=W2Q... )

3 Chucho

Aínda segue na web na versión móbil. A que retiraron foi a versión escritorio. http://www.lavozdegalicia.es/m/noti...

2 Xesús Ateo Recalcitrante

Que raro, La Voz de Galicia publicando novas falsas?! Como nunca o fai... estraña.

1 Eu mesmo

Xa me estrañaba a mín. O lobo é un animal cuns ventos (olfato) e ouvido estraordinarios. De achegarse a él un home, xa o tería detectado e fuxido sen que lle dese tempo siquera a velo. Vaia prensa que temos no país!!!