O parque de bombeiros pantasma será investigado

O Tribunal de Cuentas atopa "indicios de responsabilidade" na xestión do inacabado Parque de Bombeiros Comarcal de Santiago, encargado en 2000 a Extraco durante o bipartito PSOE e BNG. O Bloque critica a Martiño Noriega por "xudicializar" a vida municipal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2017 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asegurou este martes que hai "indicios de responsabilidade económica" na xestión das obras do inacabado parque comarcal de bombeiros de Santiago, unha cuestión que avala a decisión da casa do concello de remitir o expediente ao Tribunal de Cuentas de Madrid, con "capacidade de axuizamento", para a súa análise. 

Parque de bombeiros comarcal de Santiago a medio rematar nunha imaxe do Google Street View
Parque de bombeiros comarcal de Santiago a medio rematar nunha imaxe do Google Street View

INACABADO MALIA COMEZAR A TRAMITARSE EN 2000

O parque, inconcluso, recibe aos que entran en Compostela pola estrada nacional dende A Coruña, no polígono de Salgueiriños. Naceu dun convenio asinado entre varias administracións (Xunta, Deputación de Coruña e varios concellos da Comarca de Compostela) no ano 2000. A súa construción derivou en todo un culebrón administrativo polo que o Concello Santiago pasou de compartir parque con outros municipios a seguir xestionando o seu propio. O edificio coa súa gran torre, a medio facer, convertiuse nunha icona da desfeita urbanística na cidade, en paraíso para os grafiteiros e en escenario para numerosos cortos e vídeos musicais.

Noriega, en declaracións aos medios, despois de que transcendese que o Tribunal de Contas decidiu nun auto dar luz verde á apertura de dilixencias sobre este caso ante a "existencia de indicios de responsabilidade contable" na xestión económica desta obra. Foi o propio Concello de Santiago, gobernado por Compostela Aberta, quen denunciou o caso".

"Non nos preocupa tanto ter a razón. O que nos preocupa estes meses son os custos económicos de moitas sentenzas que recibimos", dixo Noriega, que recordou que o caso do parque de bombeiros, "cunha estrutura certificada e sen aboar dende o ano 2009/2010", supón agora que o Concello teña que pagar unha cantidade de 1,3 millóns de euros á empresa construtora, a ourensana Extraco, tendo en conta o IVE e os xuros de mora.

O PP NEGOUSE A PAGARLLE Á CONSTRUTORA, QUE GAÑOU O CONSECUENTE PREITO

Segundo informa La Voz, as presuntas irregularidades afectarían tanto aos que encargaron a construción do polémico edificio, o bipartito do PSOE máis o Bloque, como aos posteriores executivos liderados polo PPdeG. O Tribunal de Cuentas negouse a arquivar o caso e xa nomeou un xuíz instrutor. Con todo, cómpre lembrar que o que dite este ente de fiscalización administrativa.non leva aparellada responsabilidade penal. 

O Concello decidiu remitir o caso a Madrid "baseándose nos informes xurídicos" que apuntaban á existencia de "posibles responsabilidades". En concreto, remitiuse ao Tribunal de Contas do Estado porque, "a diferencia dos organismos autonómicos, ten capacidade de axuizamento, ademais de fiscalización".

"As notificacións que vimos recibindo indican que se perciben indicios de responsabilidade económica e que se está a optar pola apertura desa vía", dixo o alcalde, que apostou por "non amparar este tipo de prácticas" e "derivalo a quen corresponda".

Ao PP, Martiño Noriega díxolles que, aínda que a cuestión do parque de bombeiros "vén de antes", na "época do PP houbo a posibilidade de aboar a cantidade aboada e non se incluíu", polo que a formación ten a "responsabilidade" do pagamento de intereses.

O BNG CRITICA A NORIEGA XUDICIALIZAR A VIDA MUNICIPAL

En declaracións aos medios sobre esta cuestión, o voceiro do BNG en Santiago, Ruben Cela, afirmou que "é evidente que non se fixeron ben as cousas no seu día" con respecto a este caso, aínda que precisou que "de aí a que haxa irregularidades hai un treito moi grande".

Cela expresou a súa preocupación pola "xudicialización da vida municipal". Non obstante, tamén explicou que lle parece "razoable" e "correcto" que se un goberno atopa indicios de "actividades ilegais" ou de "actuacións que crearon un problema de tipo legal", que o poñan en coñecemento das autoridades xudiciais pertinentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 galegoexiliado

O sr Cela, mentras cobra do erario público, sempre estivo mais preocupado polos árabes de Gaza que polos cidadans de Compostela que lle pagan o seu soldo, e como todolos políticos é partidario de que os políticos non se fagan dano uns a outros e se tapen as vergoñas e as desfeitas cometidas no pasado. Hoxe por ti. mañá por min. Nin os antisemitas se poñen de acordo nas suas liortas.

2 Xose Manuel

Rubén Cela, o do BNG dí que non se pode xudicializar a vida municipal. Claro rapaz, temos que estar ben caladiños, eu tápoche a ti e ti tápasme a min. Así é como se vive de p.m. do erario público. E xa se sabe, o pubrico é servicio, o privado beneficio.

1 Asesores de AGE non

E tamén di que se lle parece que houbo algo ilegal que perfecto que vaia aos tribunais. Iso pareceche mal

1 Gamela

cando se abran os caixóns de moitos concellos e deputacións imos ALUCINAR !!! claro que Martiño semella non ter moita confianza no Tribunal de Contas de Galicia ¿por que será?