Temas: MúSICA

A Sinfónica estreará unha obra do compositor galego Xabier Mariño

"Paisaxes Oscuras" do oboísta de Ponteareas será parte do programa a representar a próxima semana en Vigo.

Por GC Tendencias | Vigo | 04/01/2017 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o vindeiro 12 de xaneiro, ás 20.30 h, un concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia, nesta ocasión dirixida por Ilan Volkov, que contará coa colaboración de Horacio Lavandera ao piano e John Aigi Hurn á trompeta.

Orquesta Sinfónica de Galicia
Orquesta Sinfónica de Galicia

Con esta actuación inaugúrase a tempada de música clásica de Afundación na cidade de Vigo. Nela, a agrupación sinfónica interpretará, en dous actos, a estrea absoluta de Paisaxes escuras de Xavier Mariño; a Sinfonía núm. 102 en si bemol maior, Hob1/102 de Franz Joseph Haydn e Cinco pezas para orquestra, op. 42 así como Concerto para piano, trompeta e cordas núm. 1 en do menor, op. 35; ambas de Dmitri Shostakóvich.

As entradas están á venda a través das canles habituais da entidade, como en Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais. Ademais, as persoas con 35 anos ou menos gozarán da oportunidade de conseguir as entradas na billeteira media hora antes de cada concerto a un prezo reducido coa finalidade de promover este tipo de espectáculos entre o público máis novo.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta