Por que pechan as granxas? A Xunta di que os gandeiros prefiren xubilarse

Medio Rural dá unha rocambolesca explicación á noticia de que en menos dun ano desapareceron 500 explotacións de leite en Galicia. A culpa, para o goberno, é da avanzada idade dos gandeiros e non dos prezos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2017 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

A Xunta afirma en que as granxas lácteas que pechan en Galicia son as de menor produción, con titulares "con idades moi altas próximas á xubilación", que "están a desaparecer por falta de relevo xeracional".

A conselleira do Medio Rural, Ángelez Vázquez, co ex secretario xeral de Agader, Antonio Crespo
A conselleira do Medio Rural, Ángelez Vázquez, co ex secretario xeral de Agader, Antonio Crespo | Fonte: xunta.gal

Así o apunta nun comunicado despois de que o martes o Ministerio de Agricultura publicase os datos nos que se observa que entre xaneiro e novembro de 2016 desapareceron máis de 500 explotacións de leite en Galicia.

Nesta liña, remarca que "crece o número de explotacións integradas por novos naqueles tramos con maior produción", polo que "está claro que o futuro pasa por explotacións grandes e saneadas e pola transformación de leite".

Así mesmo, a Consellería de Medio Rural asegura que hai "perspectivas positivas" para o lácteo en 2017, posto acumúlanse catro meses consecutivos de subas nos prezos que se pagan aos gandeiros galegos, mentres "se aposta polo asociacionismo como garantía de futuro".

Ao respecto, resalta que o prezo do leite en Galicia en novembro -último mes con cifras oficiais- sitúase en 29,7 céntimos, un céntimo máis que os 28,7 dun ano antes. "Así, nos últimos catro meses, Galicia conseguiu a segunda maior suba de prezo entre aquelas autonomías con vocación leiteira, solo por detrás de Cataluña", agrega.

Gandeiros do leite en Chantada cunha faixa en protesta contra a política de prezos de Jesús Lence de Leite Río
Gandeiros do leite en Chantada cunha faixa en protesta contra a política de prezos de Jesús Lence de Leite Río | Fonte: Galiza Foto Flickr

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta