Quen está obrigado a comunicarse coa Xunta a través do novo notifica.gal?

Empregados públicos, persoas xurídicas como as empresas, entidades sen personalidade xurídica e profesionais están obrigados por Lei a recibir as notificacións da Administración a través da Internet.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/01/2017 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

A Xunta puxo a disposición dos galegos o sistema de notificacións electrónicas 'Notific@', servizo que permite o envío de comunicados fidedignos con xustificante de recepción e selo electrónico da Administración autonómica.

Ao presentar unha solicitude no Rexistro da Xunta, como nesta foto da CIG e a Mesa, algúns colectivos non recibirán máis respostas da administración en papel
Ao presentar unha solicitude no Rexistro da Xunta, como nesta foto da CIG e a Mesa, algúns colectivos non recibirán máis respostas da administración en papel

Segundo informou este venres a Xunta, o desenvolvemento destas actuacións está enmarcado no Plan de Goberno e Administración Dixital 2020, que unha vez completado estiman que axudará a aforrar "máis de 41 millóns de euros".

Este plan púxose en marcha no 2015 co obxectivo de lograr unha administración máis "accesible, áxil nas respostas, con capacidade para anticiparse ás necesidades da sociedade e eficiente no uso dos recursos públicos".

Así mesmo, a Xunta tamén explicou que a implantación deste sistema é un dos requirimentos da lei 30/2015, que establece a obriga de relacionarse de forma electrónica para determinados colectivos (persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica, profesionais con colexiación obrigatoria e empregados públicos).

FUNCIONAMENTO DE NOTIFICA.GAL

Pola súa banda, aquelas persoas que non teñan esta obriga poderán elixir o modo de notificación que prefiran, ben a través de Notifica.gal ou vía postal. A norma tamén establece un prazo de dous anos, entre outubro de 2016 e o mesmo mes de 2018, para "consolidar" unha administración na que os procedementos electrónicos sexan algo "habitual e non unha excepción".

'Notifica.gal' funciona como un enderezo electrónico no que "o usuario só ten que darse de alta, ben a través do formulario de iniciación do procedemento administrativo correspondente ou en calquera momento a través do propio sistema".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Gamela

Pois isto da Admon.Electrónica é para todos ou só para os pilinguis que nin dereito temos a recibir un papel onde conste que NON temos dereito a nada ? Eu levo unha semana agardando que o Parlamento de Galicia faga públicos os comentarios na sección "lexisla con nós" e NIN CASO! Será Notifica.gal a mesma RATEIRA onde cando un non recibe notificación algunha a Admón bótalle a culpa ao Servidor ???

3 LouzaoSempre

QUe ten que ver a foto de Louzao e Maceiras coa noticia? Estamos de resaca na redacción haha

2 LouzaoGrazas!

...defendendo á xente da educación e dando a cara ás duras e ás maduras. Se houbese máis louzaos, outro galo nos cantara... Que casualidade que cando se trata de persoas que poñen o seu tempo ao servizo do galego e do país e a nosa cultura, hai que coselos a darfos coma o touro de Tordesillas. Toda a vida levan moitos/ as pepeiros bailando dun chiringuito a outro sen mover un dedo. LOuzao for president!

1 Desiderio

Mal polos pepeiros bailadores e mal --moi mal-- polos "progres" con cargos vitalicios a frente de asociacións que se din plurais, amplias e formadas por moitos membros ben capacitados para ser dirixentes. Que a limitación de mandatos é un mérito democrático (como ben saben no partido anexo ao sindicato do aludido, estanpándoo nos estatutos e incumprindo logo na realidade). O modelo non é a mafia do PP nin os imitadores!!!!

2 nostrus

LouzaoGrazas! Ao servicio do galego e da nosa cultura non, porque os seres humanos non somos servos de ningunha cultura nin de ningunha lingua, sinon que somos personas libres que eliximos o que queremos ser e a cultura que queremos practicar. Xente como Louzao ou Maceiras comportanse como ultragalegos que nada teñen que envexar a ultracatolicos que loitan para impoñer unha relixion e poñen a sua vida ao seu servicio. Precisamos personas que loiten polo benestar dos seus semellantes e non lle fagamos caso aos evanxelizadores nin aos vendedores de fume.

3 Failde

Non nostrus, SI somos servos OBRIGADOS pola túa predilecta Constitución Española a coñecer o castelán, un idioma IMPOSTO aos galegos por funcionarios, clérigos, militares, ditadores e políticos de diversa ralea desde hai 500 anos. E nin así acabastes co galego! Xa sabes, sodes uns imperialistas fracasados: onte foron Filipinas, Cuba, posesións de África, Nuevo México, Florida, Yucatan... Mañá serán Catalunya, Euzkadi, Galiza... Que o demo che axude a velo!

1 Tona

Louzao, a piques de xubilarse do Ensino e toda a vida de liberado da UPG-CIG

1 FRPU

E Maceiras vai polo mesmo camiño.