O SERGAS ten cartos para un camión de neve, pero non para pagar o salario a 90 traballadores

A Consellería de Sanidade paga un camión de neve artificial para que os fillos dos seus traballadores, e "tamén" o público en xeral, pudieran desfrutar da neve en Vigo. Mentres, en Santiago, 90 interinos seguen sen percibir os seus salarios de decembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2017 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

A Xerencia da Área Sanitaria (EOXI) de Vigo contratou esta semana un camión de neve artificial. O entremento instalouse durante varios días nas inmediacións do vello Hospital Meixoeiro e do novo Hospital Álvaro Cunqueiro.

Camión de neve no Álvaro Cunqueiro /CIG Saúde Camión de neve no Álvaro Cunqueiro /CIG Saúde
Camión de neve no Álvaro Cunqueiro /CIG Saúde Camión de neve no Álvaro Cunqueiro /CIG Saúde

Segundo informa Noticias Vigo, nun comezo a dirección invitou exclusivamente só aos fillos dos traballadores do SERGAS, mediante este correo electrónico:

Asunto: Camión de neve no CHUVI

A xerencia de EOXI promove unha activade lúdica para os fillos dos traballadores. Haberá un camión de neve para que os nenos xoguen con ela.

No Hospital Meixoeiro mañá dia 3 de xaneiro, a partir das 16 horas: A neve se esparcerase na explanada do aparcadoiro próximo á entrada de Galaria.

Camión de neve no Álvaro Cunqueiro
Camión de neve no Álvaro Cunqueiro | Fonte: CIG Saúde

No Hospital Álvaro Cunqueiro, o mércores dia 4 de xaneiro, a partir das 16horas: A neve se esparcerase na explanada da entrada principal do Hospital.

Recoméndase traer calzado apropiado para a auga, así como unha muda de calcetíns e guantes.

Sen embargo, nas redes sociais oficiais do Hospital Álvaro Cunqueiro explícase que  era tamén "unha actividad do hospital aberta á cidadanía" e animábase a doar produtos para o Banco de Alimentos a todos os que acudiran. A CRTVG indica que o camión era para os fillos dos asalariados do SERGAS e que "Aa actividade estaba aberta tamén ao resto dos cidadáns que quixesen acudir".

Protestas e críticas

A instalación do camión destaou a polémica en Vigo.  Ademais de comentarios a favor e encontra nas redes sociais, membros plataforma sociosanitaria SOS Meixoeiro presentáronse no camión de neve para denunciar que hai anos que levan reclamando máis recursos para a sanidade pública, como a reapertura das camas pechadas no Meixoeiro, mentres o SERGAS gasta o diñeiro público en actividades lúdicas.

A CIG saúde tamén atacou esta iniciativa. "Pensabamos que era unha inocentada, pero non, toda unha realidade. O ridículo foi palpable na primeira sesión no Meixoeiro, un puñado de “neve” esparcido polo chan ante a presenza do xerente Félix Rubial. A hora,  de tan gran evento,  foi as 4 da tarde, hora moi propicia para as nenas e nenos…", criticou a central nacionalista.

Impagos en Santiago

Por outra parte, o sindicato Sanitarios Galegos Públicos (Sagap) denunciou a actuación da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) da EOXI de Santiago por "desdeñar os dereitos dos traballadores" e "non aboar o salario correspondente ao mes de decembro" a un total de "90" empregados.

Nun comunicado, o sindicato explicou que os devanditos traballadores, de varias categorías, asinaron o día 1 de decembro un novo vínculo de interinidad co Sergas e realizaron "correctamente" o seu labor dende ese día nos seus novos destinos.

Por iso, relatou Sagap, non entenden por que o Sergas "decide non cumprir no pagamento dun salario que gañaron" e que lles corresponde "como dereito básico de todo traballador".

Tras pedir explicacións, o sindicato precisou que a resposta obtida por parte do Sergas "non resulta en nada clara" e "moito menos xustifica o non pagamento de salarios". Segundo Sagap, o Sergas alegou "motivos de xestión e de burocracia".

A continuación, lamentou que este non pagamento se realizara "sen a menor comunicación previa aos afectados", ao tempo que fixo fincapé en que a nómina que cobraron estes 90 empregados foi a de novembro e non a de decembro.

E é que os empregados con vínculos temporais no Sergas, tal e como indicou o sindicato, cobran sempre cun mes de atraso, a diferencia dos fixos ou interinos. De feito, esta situación foi denunciado en moitas ocasións por Sagap "sen que por parte do Sergas se faga nada para solucionar o devandito atraso crónico".

"Esiximos á Dirección de Recursos Humanos do Sergas que proceda ao abono, de inmediato, dos salarios debidos; explique de xeito claro e coherente o sucedido a cada un dos afectados; e [...] proceda a solucionar os problemas informáticos e burocráticos que lle impiden pagar de xeito puntual co fin de mes a todos os seus traballadores, sexa cual sexa o seu tipo de contrato", solicitou o sindicato.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Prozac

Por un momento pensei que era unha noticia de humor da seccion Gc today pero xa vin que non. Somos do que non hai.

2 sinvergonzoneria Pepeira

O que tiñan que soltar era o YETI entre a neve para que papase os altos cargos do SSergas, para que fixese un-ha comilona antropofáxica cos elementos do PPePPeiro...

1 Gamela

as cousas que suceden en Vigo non son de crer ... a cidade está idiotizada entre uns e outros están a xogar coa vida da xente sen vergoña algunha ! https://twitter.com/OsNinguens/stat...