Noriega aplaude a Villares como líder dunhas mareas que non poden repetir os erros de AGE

Nunha entrevista, o alcalde de Santiago critica a falta de calado político no debate polo liderado de Podemos a nivel estatal e apoia ao concelleiro imputado.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/01/2017 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago apoia ao actual portavoz parlamentar de En Marea como líder orgánico da confluencia a nivel galego. “Luis Villares gañouse unha oportunidade para ser o actor principal” asegurou hoxe Martiño Noriega nunha entrevista na Cadena Ser. Cómpre lembrar que Villares logrou que os diferentes grupos presentas na cúpula de En Marea (ANOVA, Podemos, EU, Espazo-Equo, Cerna, mareas locais, etc.) vaian a presentar unha candidatura única e común á elección dunha nova directiva.

Martiño Noriega nunha rolda de prensa no Concello de Santiago
Martiño Noriega nunha rolda de prensa no Concello de Santiago | Fonte: santiagodecompostela.org

Ollo co precendente de Altenrativa Galega de Esquerdas (AGE)

Ao fío disto, o dirixente de ANOVA fixo un chamamento aos seus compañeiros de camiño nas mareas a pechar filas. Noriega quere evitar as liortas internas que provocaron que AGE -a anterior coalición a nivel galega- acabase a lexislatura con varios parlamentarios no grupo mixto.  O nacionalista cre que “p imperdoábel sería reproducir os erros do AGE” e opina que “se algo estamos obrigados” os militantes da esquerda é a construír algo común “desarmando as posicións de parte”.

"Pouca política e moita escenificación" na competición en Podemos

Noriega tamén abordou a competición polo liderado estatal de Podemos, unha das patas da confluencia galega. O edil espera que este debate non se propague a Galicia, pois argumenta que o país debe ter un espazo político propio. “Iso non significa vivir illado e sei que hai un debate a nivel de Estado e eu sons consciente de que ese debate pode influír” no futuro das mareas, engadiu. O político de ANOVA tamén criticou o enfrontamento de Íñigo Errejón vs Pablo Iglesias porque nel “ás veces vexo pouca política e moita escenificación”.

Duarte conta co apoio de Noriega

No referido a vida municipal, o cabeza de cartel de Compostela Aberta mostrouse plenamente convencido de que o seu número dous sairía indemne da imputación xudicial que pende sobre el por un presunto trato de favor a un pub - O Tarasca- na tramitación dun expediente de peche. Noriega asegura que el se tería compartido do mesmo xeito que fixo Jorge Duarte e cre que o asunto será arquivado. O alcalde tamén asegurou que el se atopa “cómodo” a piques de pasar o ecuador da lexislatura e asegura que os composteláns están a respaldar as súas xestións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 Raimundo

"De abaixo para riba, co corazón a esquerda" nos diciades. Agora corrupción nos "nosos" gobernos e pacto entre cúpulas. A militancia que nos den.

5 Androide

4 cWON

De ilusión tamén se vive!

3 GALIZA CEIBE SIN PPodreiros

agora teñen a outra de PP-odreiros implicada en estafas os traballadores e xa condeada en sentencia firme que e xefaza de marea-PPodreira e tamen concellaria de medio en cangas do PP-orrazo .... STOP PP-odreiros - https://www.youtube.com/watch?v=Xl_...

2 Alcalvo con pucha

Asi que houbo erros en AGE pois é a primeira vez que o recoñecen. Vai ser imposible só repetilos. Van volver multiplicados por tres porque á ecuación de rebotados e figuras de AGE se suman os rebotados e figuras dos dous Pablemos. Nin Palleiro de asesor vai evitar iso.