Temas: CEE

O piñeiro que fai de marco entre Cee e Corcubión

Podería ser centenario. Pero non o é. O piñeiro que serve de marco entre os concellos de Cee e Corcubión é o fillo doutro que alí sempre estivo e ao que mesmo se lle chegaron a adicar poemas.

Por Galicia Confidencial | Cee | 09/01/2017 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O divulgador Modesto García Quintáns lembra que antes do deslinde oficial entre Cee e Corcubión, os veciños destes concellos tiñan como referencia separatoria a un robusto piñeiro no borde da estrada e pegado ao litoral, frente ao actual e abandonado motel.

Piñeiro actual que fai de linde entre Cee e Corcubión
Piñeiro actual que fai de linde entre Cee e Corcubión | Fonte: QPC

O 21 de xullo de 1920 realizouse o deslinde oficial entre ambos os dous concellos. Este acontecemento foi para dar cumprimento a Lei do 30 de Setembro de 1870 para a realización do Mapa Topográfico Nacional e a Lei 23 de Marzo de 1906 para a formación do Catastro Parcelario de España. As comisións encargadas de cada concello foron avisadas con antelación e citadas para as oito da mañán do día 21 de setembro de 1920, na praia de Estorde. Só se presentou a Comisión de Corcubión e, finalizada a xornada, apareceu a Comisión de Cee para dicir que non estaba conforme co deslinde realizado.

O 13 de Agosto de 1962, unha orde do Ministerio da Gobernación obrigou a ambos concellos a facer un novo deslinde. O punto da reunión das Comisións foi xunto á Casa da Baia, xa desaparecida, que estaba no lateral dereito do camiño que sube ao cruceiro de Baldomar, coñecido como Camiño da Seca. A esta cita só se presentou a Comisión de Cee, formada por D. Antonio Trillo Durán e catro cargos máis. Non apareceu a Comisión de Corcubión sendo citada no seu debido tempo.

Na actualidade existe un novo piñeiro que se supón heredeiro do primitivo pero que non coincide exactamente co deslinde oficial e que se atopa preto dun camiño, cuxas metades son unha de Cee e a outra de Corcubión. "Esperemos que este novo herdeiro dure como recordo tanto ou máis anos que o seu ascendente", sinala García Quintáns.

Do medio colaborador Que Pasa na Costa

O histórico piñeiro que servía de marco entre Cee e Corcubión
O histórico piñeiro que servía de marco entre Cee e Corcubión | Fonte: QPC

Temas: CEE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta