Marín suma por fin no derbi

O Peixegalego vence 73-67 a Básquet Coruña e suma a cuarta vitoria da tempada tras encaixar oito derrotas consecutivas. Boa defensa dos de Javi Llorente e pésima porcentaxe nas triplas (6/30) dos coruñeses, que quedan con 11 triunfos.

Por gcdeportes | Marín | 09/01/2017 | Actualizada ás 00:12

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Marín Peixe Galego 73:
José Simeón (6), Tim Derksen (19), Javi Múgica (8), Gregorio Adón (9), Jason Cain (17) -cinco inicial- Manu Ferreiro (6), Albert Homs (2) e Marc Bauzá (6).
Leyma Coruña 67: Joan Creus (4), Ángel Hernández (5), Dago Peña (15), Javi Lucas (6), Gediminas Zyle (7) -cinco inicial- Sergio Olmos (5), Zach Monaghan (18), Djuran (0), Sabonis (5), Larry Abia (0) e Mikulic (2).
Parciais: 22-15, 16-15 (38-30); 21-25 (59-55), 14-12 (73-67).
Árbitros: José María Terreros San Miguel e Francisco Bravo Loroño. Eliminaron por cinco faltas persoais a Jason Cain.
Incidencias: partido da 19ª xornada da LEB Ouro nun ateigado pavillón da Raña, con presenza de medio cento de afeccionados laranxas.

Manu Ferreiro, na defensa de Zach Monaghan.
Manu Ferreiro, na defensa de Zach Monaghan. | Fonte: Diego Torrado (pontevedraviva.com)

Sorprendeu Marín coa súa intensidade defensiva a Leyma, que tivo ademáis un pésimo día no tiro exterior (6/30 en triplas), e os coruñeses quedáronse en tan só 67 puntos. Despois de oito derrotas consecutivas e malia as baixas de Mario Cabanas e Andrés Miso, o Peixegalego gañou o derbi ante Básquet Coruña por 73-67 e sumou unha máis que necesaria vitoria, a cuarta da tempada, na súa loita pola permanencia. Os de Tito Díaz suman 11 vitorias e oito derrotas.

Foron igualados os primeiros minutos na Raña, coas defensas impoñéndose os ataques e pouco acerto no tiro, e o marcador estaba an 12-11 tras seis minutos. Ángel Hernández puxo por diante a Leyma cunha tripla (12-14), pero Marín pechou o primeiro cuarto cun parcial de 10-1, tras dúas triplas de Tim Derksen e Manu Ferreiro. Tralos dez primeiros minutos, 22-15.

Marín apertaba en defensa e Leyma non era quen de impoñer o seu ritmo de xogo, e unha tripla de Jason Cain puxo oito arriba aos locais: 29-21. Tito Díaz parou o partido a seis minutos do descanso, pero os coruñeses estiveron case tres sen anotar. Fixo Monaghan un 2+1 e foi Marín quen pediu tempoo con 30-26. Cain e Derksen anotaron para os locais, e Tito Díaz pediu un novo tempo. No lecer, 38-30 para o Peixegalego.

Jason Cain, ex do Leyma, anotou un 2+1 e Adón unha tripla, e outra máis dende 6,75 para Cain, e Marín acadou a máxima diferenza do partido: 47-34. Os locais seguían intensos en defensa e aproveitaban os contactos, e Tito Díaz recibiu unha técnica por queixarse dunha falta sobre Monaghan. Dez arriba (55-45) e tempo morto do técnico coruñés. Leyma meteuse no partido con sete puntos consecutivos de Dago Peña. 59-55 con dez minutos por xogar.

Erros e precipitacións nos dous equipos e un parcial de 3-4 en cinco minutos (62-59). Derksen anotou de tres, pero Monaghan respostou cun espectacular 3+1 para achegar a Básquet Coruña (65-63), que errou varios ataques para poñerse por diante. Marín non viu aro ata que Javi Múgica anotou dende cinco metros (67-64). Leyma errou dos tiros libres (Monaghan e Zyle) decisivos, e Tim Derksen e Javi Múgica con catro tiros libres sentenciaron o derbi. Ao final, 73-67. “Puido caer para os dous lados, pero mereceron gañar”, sentenciou o mestre Tito Díaz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta