Abuso da Federación Española co Rías Baixas

O Club Piragüismo Rías Baixas-Náutico Boiro denuncia que a Federación Española de Piragüismo pretende cobrarlle ata 3.200 euros pola participación de dous padexeiros, Rubén Fernández e Andrea Vázquez, no pasado Mundial júnior celebrado en Bielorrusia en xullo. “A Federación só sabe cobrar, cobrar e cobrar. Deixen de lucrarse a conta dos demais”.

Por gcdeportes | Compostela | 09/01/2017 | Actualizada ás 09:04

Comparte esta noticia

“Que a federación só sabe cobrar, cobrar e cobrar, e despois diso, volver a cobrar. Directivos, estamos fartos desta situación, póñanse a traballar como facemos os clubs e os deportistas, que xa bastante temos, e deixen de lucrarse a conta dos demáis!!"

Facturas enviadas pola Federación ao Club Piragüismo Rías Baixas_Náutico Boiro.
Facturas enviadas pola Federación ao Club Piragüismo Rías Baixas_Náutico Boiro. | Fonte: Facebook Náutico Boiro

Esa é denuncia do Club Piragüismo Rías Baixas-Náutico Boiro, tras recibir un sorprendente e abusivo agasallo de Reis dende a Federación Española de Piragüismo. Dúas facturas, de 1.605 e 1.606 euros (3.211 euros en total), pola participación de dous padexeiros do club, Rubén Fernández e Andrea Vázquez, no pasado Campionato do Mundo júnior e sub-23 disputado en Minsk (Bielorrusia) a finais do pasado mes de xullo.

720 euros de aloxamento en Minsk, 47 euros por aloxamento en Barcelona, 180 euros de acreditacións, 229 do voo a Barcelona e 429 euros do voo a Minsk. En total, 1.605 euros cada un. Cinco meses despois, "a Federación carga a totalidade dos gastos destas dúas facturas a nome dos nosos dous padexeiros Rubén Fernández e Andrea Vázquez”, denuncian dende o club Náutico Boiro, que ven de facer públicas as facturas.

“Isto é o resultado de todo un ano de sacrificio??? Que representar a "España" nun Mundial, saia do peto dun rapaz?? Que toda a súa ilusión se vexa frustrada por non poder facerse cargo dunha factura?? O piragüismo é un deporte só para RICOS?? Pero en que país vivimos, por favor?? Así de triste é como a nosa Federación promociona o piragüismo en España nos últimos anos. Lucrándose de cobros imaxinarios por inscrición de categorías en calquera campionato nacional. Sancións de 20€ por deportista non clasificado. Cobrando pola roupa do equipo español, para que un deportista participe nun mundial ou nun europeo, cando este loce os propios patrocinadores da Federación no peito. Onde van a parar todos eses ingresos??? Aos clubs os adianto que non...”, denuncian nun escrito no seu facebook.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta