Temas: MúSICA

SES presentará o seu novo "disco de amor" en Ourense

A guitarrista e cantante herculina actuará na capital das Burgas o sábado 28 de xaneiro para presentar o seu cuarto álbum.

Por GC Tendencias | Ourense | 10/01/2017 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

SES presentando o seu disco en directo
SES presentando o seu disco en directo | Fonte: komunika kultura

SES actuará no Teatro Principal de Ourense o próximo sábado 28 de xaneiro. A actuación comezará contra as 20:30 horas e as entradas xa están a venda en Ataquilla por só 8 euros máis gastos.

Segundo as súas propias palabras, “no disco falo dunha dupla extinción, en primeiro lugar da humanidade como eu a contemplo, con solidariedade entre os pobos, e en segurndo lugar a extinción da identidade galega, o país no que me insiro. A nosa lingua está morrendo, quédanlle 50 anos de vida como moito”. 

Este novo traballo continúa na liña dos dous discos anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades e deixando máis espazo para a cantareira que hai no seu interior.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta