Temas: MúSICA

Dani Martín presenta o seu terceiro traballo en Vigo

O ex-líder de El Canto de El Loco estará no Auditorio Mar de Vigo o 17 de febreiro presentando o seu terceiro disco de estudo, "La Montaña Rusa" gravado nos míticos estudos Abbey Road de Londres, inmortalizados no álbum homónimo dos Beatles.

Por GC Tendencias | Vigo | 11/01/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

As entradas xa están a venda en Ataquilla.com dende só 30 euros máis gastos. O concerto empezará a partir das 22 horas.

Dani Martín nunha imaxe promocional
Dani Martín nunha imaxe promocional | Fonte: ataquilla.com

A produtora do evento presume de que "La Montaña Ruña" é "unha nova colección de cancións que entra directa ao número uno dos discos máis vendidos de España desde o día da súa publicación e que supón unha volta á beira máis enérxico da música do artista".

Martín é famoso en todo o Estado dende que El Canto del Loco asaltara as listas de vendas a finais da década dos 90, grupo do que foi vocalista, líder e principal compositor. Dende 2009 lanzou unha exitosa carreira en solitario, na que xa lanzou tres discos de estudio e un directo.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta