Equo, en contra dunhas “primarias ficticias” nas mareas

A anunciada unanimidade entre os colectivos que conforman En Marea para compartir lista non é tal. Polo menos un, Equo Galicia, mostrouse publicamente en contra.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/01/2017 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

“EQUO Galicia rexeita a creación dunha lista oficialista desde o aparato de En Marea”, sinala a formación ecoloxista nun curto comunicado colgado na súa web. Na súa opinión, un pacto entre as diferentes formacións que colaboran na confluencia menoscaba a calidade democrática de En Marea. Para Equo, estamos ante unhas “primarias ficticias nas que só as grandes estruturas poden aspirar a cargos nos órganos de dirección desbotando sistemas realmente democráticos e participativos”.

Daniel Díaz Grandío
Daniel Díaz Grandío | Fonte: equo

En En Marea colaboran, entre outros, Podemos, ANOVA, Izquierda Unida, Cerna, Espazo-Equo e numerosas confluencias de ámbito municipal. Até o comunicado de Equo, parecía que todos estaban de acordo en compartiren lista, encabezada polo xuíz Luís Villares, quen foi cabeza de cartel á Xunta.

De todos estes grupos,  probablemente Equo sexa o máis cativo no país; aínda que algúns dos seus militantes ocupan cargos públicos, como Daniel Díez, concelleiro de mobilidade na Coruña.

Asemblea de EQUO e Espazo Ecosocialista que decidiron unirse nunha Cooperativa Política Galega do Ecoloxismo Político
Asemblea de EQUO e Espazo Ecosocialista que decidiron unirse nunha Cooperativa Política Galega do Ecoloxismo Político
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 corruPPción en podreiros

tratan de meter a Villano como xefe de podreiros e calquer método e bo según o -Vieiras e outros do triste cortello... namentras a corruPPción de podreiros e moita... saben co roubo vailles durar pouco o pobo xa veu o que e podreiros... o seu expañolismo, o seu dereitismo... O PE$OE TAMEN ESTA FEITO UN TRAPO... LEITUGAS

5 Gamela

Quen é CERNA ? http://www.cerna.org/quen-somos/ Serán os mesmos que escindiron AGE pasándose ao Grupo Mixto da Cámara galega ? Quen é EU ? Será un OPORTUNISTA Rubén Pérez que tirou proveito do descontento cidadá nas últimas municipais vía Marea de Vigo que leva dous anos durmindo no Concello de Vigo ? Serán estes os "CONSELLEIROS" de En Marea que quere Luís Villares ? //

1 Gamela

pode ser que EQUO GALICIA sexan catro ghatos... Pero seguramente teñen un concepto da calidade democrática moito máis AVANZADO que outros que presumen de Faladoiros Cidadás e DAN A CALADA POR RESPOSTA ! http://www.galiciaconfidencial.com/...

4 Breogán M.

Unha mágoa, a marea tiña boa pinta, parecía algo novo onde se podería facer nova política, pero os de sempre (sexan de esquerdas ou dereitas) non queren soltar o poder e limitan as oportunidades da xente sen afiliación. Bravo equo por non unirse ó carro!!

3 Marcelino del Val

En Marea, un montón de votos sostienen una guerra intestinal de estómagos que quieren comer del pesebre político, personas con el ego dolido que buscan realizarse a sí mismas, militantes históricos de la cosa esa "a esquerda" que llevan haciendo la culebra 30 años de sigla en sigla a ver que me toca...Así, así...comeros entre vosotros mientras haya cuatro votos. Luego, que trabaje Rita. No teneis vergüenza.

2 XandosTonechos

Al final la imagen de unidad de En Marea no es más que una tapadera para ocultar un acuerdo de cúpulas Anova, Eu y los Podemistas...