Manzaneda, concello pioneiro en implantar dispositivos para evitar a perda de persoas

Os aparellos estarán conectados a unha Central de alarmas 24 horas que no caso de que a persoa que o porte, supere nun radio de 35 metros, enviará un sinal.

Por Galicia Confidencial | Manzaneda | 10/01/2017 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

O Concello de Manzaneda acaba de adquirir cinco dispositivos electrónicos, tipo chaveiro, para localización de persoas con trastornos de desorientación. Unha iniciativa novidosa que trata de evitar a perda de persoas que acaban perdidas, confusas, e ás veces ata mortas, no medio dos montes galegos logo de desorientarse.

Dispositivos para rastrear a persoas
Dispositivos para rastrear a persoas | Fonte: childangel.com

Precisamente, e despois das desaparicións observadas en distintos centros e lugares este verán, o Concello de Manzaneda quixo dar solución e é pioneiro na implantación deste sistema que permitirá dotar de certa liberdade de movementos ós usuarios, é mais segura ca unha barreira física tipo valado ou cercado xa que estes se poden saltar, abrir ou superar de calquera xeito e mesmo lesionarse.

O custo aproximado dos dispositivos foi de 900€ e o custo anual de mantemento, conexión a central e sofware rondará os 700€ anuais, segunda informa o propio concello.

Conectado a unha central

Estes dispositivos, unha vez parametrizados correctamente estarán conectados a unha Central de alarmas 24 horas que no caso de que a persoa que o porte, supere nun radio de 35 metros, enviará un sinal á central que inmediatamente chamará por teléfono avisando da saída da persoa do radio de seguridade.

Ó mesmo tempo unha aplicación informática permite localizar nun plano a situación da persoa portadora do dispositivo, posición que se actualiza cada minuto. O sistema realmente está pensado para o seu uso fóra de edificios, xa que dentro a marxe de erro é maior. Fóra dos edificios conéctase a través dun sistema GPS, no caso de non ter sinal emprega a de telefonía móbil ou a das redes Wifi que atope.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta