Temas: MERCADONA

A Central Obreira Galega, presente en Mercadona, intégrase na CIG

Entre os integrantes da sección sindical están un concelleiro de EU en narón e María López, a empregada que denunciou as prácticas laborais desta cadea de supermercados en La Sexta.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 10/01/2017 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A Central Obreira Galega (COG), sindicato que forma parte do comité de empresa de Mercadona, e despois dun período de transición, acaba de integrase totalmente na CIG.

"A partir de agora, definitivamente, xa está en Mercadona para quedar", apunta a CIG nun comunicado ao suliñar que é o "único sindicato" que defende os intereses dos traballadores e traballadoras desta rede de supermercados.

Unha fusión que se produce, segundo esta central sindical, "pese as presións da empresa e dos sindicatos maioritarios". Ademais, destaca que acadou "un estupendo" apoio entre o cadro de persoal, nas eleccións a representantes sindicais na provincia de A Coruña.

Na comarca de Ferrolterra André Abeledo (sindicalista e Concelleiro de EU Narón) é o delegado de Persoal que representa a Sección Sindical da CIG en Mercadona, María López que recentemente foi entrevistada no programa "Salvados" en La Sexta por Jordi Évole nun programa dedicado a Mercadona é delegada de persoal en A Coruña xunto a David Matos e Verónica Martinez, e Otilia Guimil é a representante da CIG en Santiago de Compostela.

Supermercado de Mercadona
Supermercado de Mercadona | Fonte: La Sexta

María López, traballadora galega do Mercadona e sindicalista da CIG
María López, traballadora galega do Mercadona e sindicalista da CIG | Fonte: CIG
Temas: MERCADONA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 traballadora

CCOO vendeuse ao PP e a patronal xa na época de Aznar e agora non ten credibilidade ningunha. Hoxe por hoxe a única central sindical que defende @s traballador@s e a CIG. De feito se non ten mais capacidade é polas constantes presións que sufren @s empregad@s que se queren representala. Moit@s deles pagan a súa osadía con asedios ou mesmo con despidos. Parabén a tódol@s da CIG

1 LOITA

CC.OO obreiras vendeusa a patronal, a peor peste no sindicalismo dende fai tempo.