Temas: DODRO

O alcalde que presumía de traballar gratis pasa a cobrar 40.000 euros

Valentín Alfonsín Somoza, rexedor de Dodro, será o que máis cobre de toda a a comarca. O salario dos concelleiros populares ascenderá a máis de 90.000 euros mensuais nun concello con 700.000 euros de débeda.

Por Xurxo Salgado | Dodro | 12/01/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Valentín Alfonsín Somoza, rexedor de Dodro, presumía hai ano e medio, pouco despois de saír elixido como alcalde, de traballar gratis. “Só percibo 180 euros por asistencia a plenos e mesmo poño diñeiro do meu bulso cando ando co coche oficial”, dicía nunha reportaxe de Antena 3 que o puña, precisamente, como modelo de alcaldes que están ao servizo dos veciños e do ben público a cambio de nada.

Valentín Alfonsín Somoza, alcalde de Dodro, rodeado dos seus concelleiros
Valentín Alfonsín Somoza, alcalde de Dodro, rodeado dos seus concelleiros | Fonte: PPdodro

Pero esa idílica imaxe do rexedor “gratis” de Dodro acaba de quedar en papel mollado. Na sesión extraordinaria do pleno da Corporación Municipal de Dodro que se celebrou o pasado 4 de xaneiro, e na que se aprobaron os orzamentos de 2017, o goberno do PP acordou a dedicación exclusiva do alcalde por un importe de 39.999 euros.

Un soldo que, segundo denuncia Unidade Veciñal de Dodro é a máis alto que un alcalde dese concello ten cobrado nunca e o máis elevado de toda a comarca. “Non só pasa Dodro a ter os dirixentes mellor pagados da historia do concello, senón que tamén son os que máis cobran de toda a comarca e o que maior custe por veciño teñen os soldos dos seus gobernantes”, apunta.

Así, o alcalde de Dodro, con 2.800 habitantes, cobrará case 40.000 euros. Un custe de 14,2 euros por veciño. Mentres que noutros, como o de Rianxo, con 11.000 habitantes, o alcalde cobra 38.000 euros, é dicir, sae a 3,45 euros por veciño. 

Concello              Habitantes        Retribución alcalde         custe por veciño

Dodro                    2800                           40.000€                         14,2€

Rois                      4600                            36.500€                          7,9€ 

Padrón                  8500                            37.000€                         4,3€

Rianxo                 11000                            38.000€                         3,45€

Valga                     6000                                0€                              0€

90.000 EUROS EN SALARIOS

Neste pleno tamén se aprobou unha dedicación parcial da concelleira de Cultura por un importe de 18.396€, e outra dedicación parcial para o concelleiro de Deportes de 4.200€, todos eles brutos anuais, todo isto xunto a dedicación tamén exclusiva da concelleira de Servizos Sociais de 28.000€. En total, máis de 90.000€ para as arcas municipais en salarios para os concelleiros do PP.

Unha cantidade de diñeiro que contrasta, ademais, coa débeda viva recoñecida de case 700.000€ e con un presuposto de 2 millóns de euros escasos. “E todo isto sucede cando estamos sen servizo de conserxería no CPI, non hai partidas para educación, nin para vivenda, nin para posta en valor do patrimonio, nin mellora no entorno natural, nin para o sector turístico, pero para soldos dos gobernantes do PP de Dodro hai”, queixanse desde Unidade Veciña de Dodro.

Galicia confidencial púxose en contacto co rexedor pero este evitou dar a súa opinión ao respecto asegurando que el non soe falar cos xornalistas que non coñece. En todo caso, este medio remitiulle unha petición escrita para que poida dar a súa versión.

Temas: DODRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 atjk

Piel de cordero al coger el Trono,pero se transforman en deboradores de € al poco tiempo.Que vergüenza!!

3 Chupón

Coño, se Louzán sae a 44.00,00 € e non ten carné do partido, éstes non van ser menos, se hai cartos, para todos, que para tontos os dos outros partidos.

2 O´Xota

Tou seguro que A3 vai abrir os telexornais de hoxe con esta nova.

1 pink

Tragará a conselleira vázquez facendo fixos os enchufados de Agader , Sodeco e Bantegal como propoñen os sindicatos????Cando se ha de saber...