Quen son os xuíces que atacan a De Lara e Vigilancia Aduanera?

O Consejo General del Poder Judicial, o órgano de goberno dos xuíces, non ten aberto ningún expediente nin impuxo ningunha sanción aos maxistrados que descualficaron a súa compañeira Pilar de Lara e ao xefe de Vigilancia Aduanera. Así o indicaron fontes oficiais do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia onte a GC.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/01/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Preguntado por se o CGPJ debería tomar cartas no asunto, o decano do Consello da Avogacía de Galicia púxose, polo menos en parte, de parte da instrutora da Operación Pokemon e outras macrocausas contra a corrupción. Evaristo Nogueira mostrouse, en declaracións á Ser, partidario de que se aclare se houbo algún tipo de presión porque “isto non sería de recibo” nunha democracia.

Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon
Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon

Iso si, Nogueira tamén sinalou que tampouco é de recibo que teñamos abertas macrocausas contra a corrupción durante anos sen chegar a ningún tipo de conclusión. 

Todos os partidos da oposición realizaron esta mesma crítica esta mesma crítica á xuíza, o feito de que aínda non pechara ningunha instrución das múltiples causas que abriu por presunta corrupción. Pola súa banda, Pedro Puy, voceiro parlamentar do PP, evitou en varias ocasións facer calquera valoración.

Os xuíces foco da polémica por atacar a súa compañeira -durante as conversas cun imputado por blanqueo de capitais- son Juan Carlos Carballal, titular do xulgado de instrución número 4 de Lugo, e  Fidel del Río, titular do xulgado de vixilancia penitenciaria número 2 de Galicia.

Juan Carlos Carballal aparece citado numerosas ocasións no sumario da Operación Pokemon en relación con dirixentes do PP, como a deputada Paula Prado, o seu irmán o avogado Luciano Prado e o ex-xefe de gabinete do Concello de Santiago  Ángel Espadas. Segundo publicou a Ser en primavera, Vigilancia Aduanera cre que este xuíz fixo de intermediario nun dos contratos públicos que presuntamente intentaba amañar Espadas en favor de Unika, filial de OHL.

Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro
Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro | Fonte: cadenaser.com

Foi a filtración do informe de Vigilancia Aduanera quen provocou as conversacións críticas contra De Lara, intervidas no marco doutro caso insturído en Madrid, conversas que agora saen a luz. En virtude desas escoitas, Vigilancia Aduanera pide que se investigue a estes maxistrados por presuntamente tentar meter presión aos investigadores e a xuíza De Lara.

Ao igual que Carballal, o xuíz Fidel del Río tamén ocupou no pasado espazo na prensa por  actuacións polémicas. En 2011, segundo El País, foi condenado por conducir borracho, retirándoselle o carné 10 meses. En 2008 Interviú cualificouno de “juez coladero” despois de que catro narcos franceses da mesma banda fugáranse sucesivamente.

As conversas publicadas non proveñen orixinalmente dun preito que instrúa a xuíza de Lugo. O maxistrado Eloy Velasco da Audiencia Nacional remitiu á titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, o de Pilar de Lara, estas conversacións telefónicas. Os citados xuíces falan  cun empresario investigado, Juan Castro García, condenado noutro preito en Pontevedra canda dous funcionarios de Aduanas e outro empresario por fraude na venta de gasóleo. Castro García tiña o teléfono pinchado por orde xudicial.

Mensaxe de Whats Up mandado polo xuíz Carballal ao xefe de Aduanas Hermelino Alonso Eiras
Mensaxe de Whats Up mandado polo xuíz Carballal ao xefe de Aduanas Hermelino Alonso Eiras | Fonte: cadenaser.com
Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro
Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro | Fonte: cadenaser.com
Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro /cadenaser.com Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro /cadenaser.com
Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro /cadenaser.com Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro /cadenaser.com
Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro
Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro | Fonte: cadenaser.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Titorelli

Xuices tapándose uns aos outros, confabulándose contra os compañeiros que investigan as tramas dos PePeros, de letrados que branquean o diñeiro ou que destruen probas durante as instruccións xudicias... Non lles pasa absolutamente nada. Nen sequera son sosuspendidos temporalmente das súas funcións, xa non digamos investigados. NON, as ostias lévanas precisamente quen ten os bemoles de investigar.

2 Lelinho

Hai un dato, non menor, que Non vexo por ningún lado: un destes 2 xuices é o cónxuxe da avogada de Ángel Espadas, imputado por De Lara na Pokemon.

1 Gamela

Que sabemos...? Que hai xuices corruptos...? O caso é dar coas probas que os imputen no delito e non dar voltas arredor sen chegar a ningures...? A última idiotez de volcar os datos do ordenador do avogado (?) pode deixar fóra de xogo calquera proba que atope e mesmo acabar con ela fóra da carreira xudicial (coma Garzón) // Sería unha verdadeira lástima que todas estas investigacións remataran no ARQUIVO !!! De Lara dispara contra todo o que se move e así non hai forma de sentar a niguén no banco dos acusados con garantías de sentenza firme algunha!!!