O ‘Thunderstruck’ de AC/DC, en versión rondalla galega

A Rondalla do Círculo Cultural Santa Eulalia de Mos sorprende ao público cunha interpretación dun dos himnos da mítica banda australiana de rock.

Por Galicia Confidencial | Redondela | 11/01/2017 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

A Rondalla Santa Eulalia de Mos é xa unha peza fundamental no día dos Ranchos de Reis de Redondela. Esta comparsa é todo un espectáculo visual e sonoro cunha posta en escena do máis novidoso. Máis de cen persoas forman parte desta agrupación.

A Rondalla Santa Eulalia de Mos interpreta o 'Thunderstruck' de AC/DC / Redondela TV.
A Rondalla Santa Eulalia de Mos interpreta o 'Thunderstruck' de AC/DC / Redondela TV.

Este ano sorprenderon ao público coa interpretación dunha versión 'á galega' dun dos himnos do mítico grupo australiano de rock AC/DC, o 'Thunderstruck'.

Velaquí a actuación, gravada por Redondela TV.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta