A "superprodución" da Voz sobre o Camiño chega á TVG

A serie, que tamén emitirá Televisión Española, está producida pola filial da Voz de Galicia, Voz Audiovisual. Malia seren entes públicos, non se coñecen o prezo que pagan pola serie, que en todo caso preséntase como unha das máis ambiciosas da historia do audiovisual galego.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 11/01/2017 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

A Televisión de Galicia estrea este martes ás 22.15 h. “O final do Camiño”, primeira "superprodución" que recrea os convulsos anos da construción da catedral de Santiago, entre 1075 e 1120, a través da vida de tres irmáns e as súas relacións con distintos personaxes históricos.

Fotograma de O final do Camiño
Fotograma de O final do Camiño | Fonte: crtvg.gal

Argumento de O final do Camiño

A serie arranca en Catoria, logo de que un ataque sarraceno arrase a vila. Gonzalo, de 14 anos, consegue salvar ao seu irmán Estevo, de dez, pero non pode impedir o asasinato da súa nai nin o secuestro do seu irmán Pedro, de 12, por guerreiros musulmáns. Os dous cativos viaxan cos superviventes do ataque a Santiago, onde se está a construír a catedral.

Dez anos despois, Estevo traballa como aprendiz baixo as ordes de Bernardo o Vello nas obras do templo, que xa toma forma. Soña con ser construtor, pero parece carecer de talento necesario, ata que un misterioso monxe lle comeza a facilitar solucións arquitectónicas nunca vistas. Gonzalo, pola súa banda, é xefe da Garda do bispo de Compostela, Diego Peláez, e está casado con Elvira, a boticaria da cidade. Pese ao ben que lle van as cousas, non se libra da culpa de ter abandonado ao seu irmán Pedro. Porén, a chegada á cidade da raíña Constanza cambiará a súa vida e a historia. A raíña viaxa a Compostela para conseguir a prata da cidade e, con ela, axudar a Afonso VI no sitio de Toledo e tamén para informar a Gonzalo de que o seu irmán está vivo e preso alí.

Pola súa banda, a súa muller terá que facer fronte aos intentos de Tomás por controlar os negocios relacionados co hospital en que traballa Elvira. O comerciante controla pola forza todos os negocios dunha próspera Compostela, que comeza a recibir peregrinos e non deixa de crecer.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta