En Marea asegura que o arquivo da denuncia contra o CHUO non exime a Sanidade na crise das urxencias

En Marea asegurou que o arquivo da denuncia contra ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) pola crise das urxencias non exime da responsabilidade á Cosellería de Sanidade pola "falta de previsión" e unha "mala administración" dos recursos sanitarios nesta provincia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2017 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

En Marea asegurou que o arquivo da denuncia contra ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) pola crise das urxencias non exime da responsabilidade á Cosellería de Sanidade pola "falta de previsión" e unha "mala administración" dos recursos sanitarios nesta provincia.

Nun comunicado remitido aos medios, En Marea considera que no escrito que desestima a demanda presentada pola comisión do centro hospitalario, que pública 'La Voz de Galicia', explícase que "a prestación do servizo sanitario público compete aos poderes públicos" como un "dereito á saúde constitucionalmente protexido".

Para a deputada de En Marea Eva Solla que a denuncia sexa arquivada pola fiscalía ourensana "non cambia en absoluto a situación que padecen os servizos de urxencia no hospital de Ourense, nin resta responsabilidade á Consellería de Sanidade na situación padecida polos usuarios das urxencias o pasado mes de novembro" nesta cidade.

No mesmo sentido, a parlamentaria de En Marea sinala que os servizos "seguen sin ter a dotación necesaria para afrontar as necesidades dun centro como o Ourensano". "Por este motivo, e como xa aconteceu en anteriores sesións, En Marea volverá levar ao debate en comisión a crise das urxencias acontecidas no CHUO", manifestou.

Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta