O Sergas pide a Loterías que sortee paracetamois porque o importante é ter saúde

Fontes do goberno galego indican que o diñeiro mellor destinalo a axudar aos bancos coas cláusulas chan e apoiar a La Voz.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/01/2017 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

A Consellaría de Sanidade solicitará ao organismo Lotería y Apuestas del Estado que proceda a deixar de sortear cartos e pasen a sortear medicamentos xa que “lo importante es tener salud”.

Campaña de Lotería proposta polo SERGAS
Campaña de Lotería proposta polo SERGAS | Fonte: temposgalegos.com

A idea levaba xestándose semanas atrás na sede do Partido Popular. Segundo informaron fontes próximas ao executivo galego, “Sortear dinero es una obscenidad. Les toca a los pobres y luego se creen alguien”, declararon. “Todavía estamos saliendo de la crisis y es necesario que la gente entienda que hace falta el dinero para cosas importantes para todos como el rescate de las autopistas madrileñas, ayudar un poquito a los bancos con lo de las cláusulas suelo y para pagarle a la buena gente de La Voz de Galicia que hacen un trabajo altruísta de información en la región gallega”, engadiron. Os argumentos conveceron a Feijoo que defendeu a proposta porque todo o mundo sabe que “lo importante es tener salú”.

Con este paso o Sergas que a xente se queixe menos das listas de espera. “Al tener medicamentos a cascoporro ya no va a ser necesario ir al médico”, comentan dende a dirección do Servizo Galego de Saúde.

Tempos Galegos tivo acceso ao escrito do Sergas e procedemos a publicar os novos premios da lotería de Nadal do ano 2017:

   Cantidade por décimo
O Gordo (Primeiro Premio) 400.000 paracetamois
Segundo Premio 125.000 aspirinas
Terceiro Premio 50.000 ibuprofenos
Cuartos Premios 20.000 fortasecs
Quintos Premios 6.000 viagras
Pedreas de 5 Cifras 100 almax
Reintegros 20 microenemas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta