O Grupo Voz despraza a Fernanda Tabarés de V Televisión para dirixir Voz Audiovisual

O obxectivo destes cambios, segundo o grupo, é “consolidar a aposta pola calidade nos produtos para TVG e a apertura a mercados nacionais e internacionais, continuando a senda iniciada con El final del Camino”.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 12/01/2017 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Fernanda Tabarés, ata agora directora da canle televisiva do Grupo Voz, V Televisión, pasará, a partir do luns a dirixir a produtora da Corporación Voz de Galicia, Voz Audiovisual, en substitución de Carlos Carballo, que estivo ao fronte desta división nos últimos nove anos.

Fernanda Tabarés, presentadora de Vía TV
Fernanda Tabarés, presentadora de Vía TV | Fonte: Vtelevisión

Tal e como xa avanzou GC, o Grupo Voz leva meses preparando cambios na súa división audiovisual. Tras o peche estrela do programa de V Televisión, Via V, que dirixía, precisamente, a propia Tabarés, augurabanse novas mudanzas na canle de televisión que é deficitaria para o Grupo Voz. Polo momento, non se deu a coñecer o nome do substituto ou substituta de Tabarés en V Televisión, aínda que as fontes consultadas apuntan a que o grupo coruñés acabará pechando a canle.

Segundo apunta La Voz de Galicia, os cambios en Voz Audiovisual “pretenden consolidar a aposta pola calidade nos produtos para Televisión de Galicia e a apertura a mercados nacionais e internacionais, continuando a senda iniciada coa serie El final del Camino –inaugurada este mércores--”. 

Fernanda Tabarés estará acompañada por Paula Fernández González, directora de Produción de Voz Audiovisual; Alberto Guntín, director de Desenvolvemento, e Ángel Noya, director técnico. Pola súa banda, Carlos Carballo pon fin a un ciclo de nove anos á fronte de Voz Audiovisual, nos cales se cultivaron importantes éxitos na produción de series de ficción, como Matalobos, Serramoura ou Pai Casares. Durante a súa etapa á fronte de Voz Audiovisual creouse a Escola de Ficción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 M. Fernández

Una verdadera lástima, uno de los pocos debates interesantes que se pueden seguir en televisión. Muy bien moderado y dirigido, sin estar de acuerdo con todo.

3 Antinostrus

Para serviles as lambeduras de traseiro ao seu Xefe (por parte dela, dos seus "empregados" e dos secuases Barreiro Rivas e Canijo Robert Blanco Valdes ) cando o ínclito pinta monas de Sabón Editorializapontifica baba calqueira chorrada ao uso....so superadas polas lambeortadasmatritenses do cipaiomononeuronal do Nostrus....

2 Gamela

Pasaron 6 anos dende o apagón informativo propiciado polo goberno ZP cando obrigaron a renovar tódolos televisores ou adaptalos á TDT para NADA ! Case sería o momento para unha nova canle TDT de Galicia Confidencial... vía Crowdfunding igual éramos capaces de fundir as audiencias...? http://gamela00.blogspot.com.es/201...

1 roirosal

Pero canto pensas que vale unha canle de televisión. Só en transmisión vale uns 3,5 millóns de euros ó ano.

1 Silvia Pérez

Imos botar moito de menos esas entrevistas serviles ata o ridiculo como a que esta moza fíxolle a Camilo Nogueira.

1 Ora pro nobis

Nós pola contra achamos de menos unha misiña polos pronomes ben postos