Temas: FEIJóO XUNTA SECA

A Xunta activa o sistema de prealerta por seca en Galicia

Os encoros galegos teñen un 11% menos de capacidade que nunha situación normal e decembro foi un dos meses máis secos en décadas. “Non hai que temer porque o subministro de auga está garantido”, di o presidente da Xunta.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 12/01/2017 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

Galicia, o país dos mil ríos e da paisaxe verde curtida pola auga, sofre unha longa seca. Tanta, que a Xunta decidiu xa activar o sistema de prealerta ante a posibilidade de que a situación se manteña e empeore. Polo momento, e segundo apuntou o presidente galego, a situación non é alarmante, pero o certo é que os baixos índices de chuvia están provocando que os encoros estean case en mínimos históricos.

Estado do embalse de Cecebre, na Coruña, coa seca
Estado do embalse de Cecebre, na Coruña, coa seca | Fonte: elconfidencial.com

De feito, a media do volume dos encoros é un 11% menor que a súa media habitual e o caudal dos ríos é moi baixo o que impide que se enchan. O índice de chuvia en decembro foi, ademais, inferior á media histórica e volveu marcar outro mínimo histórico.

Pero o máis preocupante é o estado dos ríos e os seus caudais, así como os acuíferos suberraneos. “Son máis baixos que outros anos o que está provocando que non se recarguen os encoros”, dixo Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. En todo caso, o presidente galego quixo enviar unha mensaxe de “tranquilidade” porque, insistiu, o abastecemento, polo momento, “está garantido”.

En todo caso, e “por precaución”, a Xunta activou o sistema de prealerta por seca, ante a posibilidade que o inverno tamén sexa máis seco do normal. Por iso, vanse intensificar os controis de encoros e activar a oficina técnica da seca para o seguimento da situación.  Ademais, a Xunta xa ten activadas campañas de promoción responsable da auga

Temas: FEIJóO XUNTA SECA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Don Pimpón

Se os encoros en lugar de abrir as comportas cun reloxo abriran cunha boia estarían sempre a tope. Pero claro... iso supón modificar algo que leva feito desde Franco e un traballo mínimo na "débil economía" de Augas de Galicia e das hidroeléctricas. Máis ou menos como a pouca rendabilidade das autopistas. Xa, claro...