Outra do COB a domicilio

Ourense Provincia Termal vence 75-80 a TAU Castelló e suma a 12ª vitoria na Liga, a sexta lonxe do Paco Paz. Espectacular Diego Kapelan, con 22 puntos e 6/9 en triplas. A vindeira cita, con Guipuzkoa no Pazo.

Por gcdeportes | Ourense | 14/01/2017 | Actualizada ás 01:01

Comparte esta noticia

Ficha técnica
TAU Castelló 75:
Joan Faner (7), Edu Durán (13), Sergio Rodríguez (8), Kle Cooper (9), Maodo Nguirane (9) -cinco inicial- Fede Uclés (11), Chema García (5), Álex Herrera (8), Joel Sabaté (0) e Alberto Fernández (0).
Ourense Provincia Termal 80: Christian Díaz (4), Mitrovic (21), Zarko Jukic (2), Dmitr Flis (13), Fran Guerra (10) -cinco inicial- Diego Kapelan (22), Devin Wright (8), Tomás Fernández (0) e Martín Rodríguez (0).
Parciais: 24-21, 18-27 (42-48); 18-18 (60-66), 15-14 (75-80).
Árbitros: Ángel De Lucas De Lucas e Javier Torres Sánchez. Sen eliminados.
Incidencias: partido da 20ª xornada da LEB Ouro no pavillón municipal Ciutat Castel´´p ante preto de 2.000 espectadores.

O COB sumou ante TAU Castelló a 12ª vitoria en 20 xornadas.
O COB sumou ante TAU Castelló a 12ª vitoria en 20 xornadas. | Fonte: @COBSAD

Despois da decepción pola derrota no Paco Paz ante CB Prat, un COB serio e concentrado reaccionou na súa visita a terras castellonencas e reencontrouse coa vitoria, 75-80 ante TAU Castelló. Estiveron excelsos Nemanja Mitrovic, con 21 puntos e tres triplas, e sobre todo Diego Kapelan, autor de 22 puntos con 6/9 dende 6,75. Ourense suma 12 vitorias, tantas a domicilio (6) como no Pazo.

Arrincaron con moito acerto os locais, con triplas de Kyle Cooper e Edu Durán e un 2+1 de Sergio Rodríguez. Tras seis minutos de xogo, Amics Castelló dominaba 17-10 e Gonzalo García parou o partido. Nemanja Mitrovic, que xa anotara catro puntos, anotou tres triplas consecutivas e achegou Ourense no marcador: 24-21 ao final do primeiro cuarto.

O segundo foi o cuarto de Diego Kapelan, que con catro triplas case consecutivas, máis outra de Christian Díaz, deulle a volta ao marcador. Parcial de 6-17 e Ourense pasou dun 28-23 a mandar con 34-40. Toni Ten pediu tempo e Fede Uclés igualou o partido (39-40), pero o COB reaccionou e mantívose por diante ao descanso tras anotar catro tiros libres: 42-48.

Tentou Amics Castelló darlle a volta ao marcador na reanudación, e chegou a ter opcións con 54-55 no marcador, pero Diego Kapelan e Dmitry Flis respostaron dende 6,75 e o cuarto rematou en táboas, con 18-18, co que Ourense seguía por diante (60-66) a falla de dez minutos.

Houbo pouco acerto no último cuarto, e aos dous equipos costáballes anotar. Ourense acadou a máxima vantaxe (62-70), pero os puntos de Fede Uclés achegaron de novo a Castelló (68-71, 70-73). COB sufría dubidaba en ataque, pero apareceu Kapelan, quen se non, e cunha tripla puxo un case definitivo 70-76. Edu Durán anotou unha tripla, pero xa non había tempo para máis. Ao final, 75-80 tras dous tiros libres de Mitrovic.

Ourense acabou cun 55% de acerto en triplas (12/22), mentres que os castellonencos quedaron nun 6/22. Ourense sumou a 12ª vitoria, malia que concedeu ao rival ata 15 rebotes ofensivos. A vindeira cita, con Gipuzkoa no Paco Paz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta