Santiago, primeira do ano

O equipo compostelán gaña 5-3 con sufrimento ao pechacancelas Jumilla e dá un salto na táboa: décimo con 18 puntos. O Pescados Rubén Burela perde 5-2 en Palma, suma a sexta derrota consecutiva e queda con 15.

Por gcdeportes | Compostela / Burela | 14/01/2017 | Actualizada ás 09:45

Comparte esta noticia

Ficha técnica:
Santiago Futsal 5:
Chema Mella, Hugo Sánchez, Catela, Ismael e Antonio Diz –cinco inicial- Álex Diz, Armando, Santi, Pablo Tallón e Pablo Mel.
Jumilla FS 3: Rafa Luque, Abraham Sánchez, Raúl Gómez, Bolívar e Ary Neto –cinco inicial- Everton, Lucas e Samu.
Goles: 1-0: Catela (minuto 9). 2-0: Santi (10’). 3-0: Dani Montes (24’). 3-1: Ary Neto (34’). 3-2: Raúl Gomez (36’). 4-2: Álex Diz (36’). 4-3: Raúl Gómez (37’). 5-3: Catela (38’).
Árbitros: Múnez Carpintero e Redondo Arenales. Amarelas a Bolívar e Samu no Jumilla.
Incidencias: partido da 16ª xornada da LNFS no Fontes do Sar ante arredor de 1.000 espectadores. Os xogadores do Santiago Futsal saíron á pista con camisolas de apoio a Itzel Cruz, na UCI do Hospital Clínico de Compostela.

Resumiu o encontro David Rial, técnico do filial que dirixiu o Santiago Futsal pola expulsión de Santi Valladares e Mon Barreiro en Peñíscola: “É unha vitoria fundamental para nós. Na primeira parte estivemos moi ben, adiantándonos no marcador e facendo ben as cousas. Pero na segunda, a historia de sempre. Volvemos conceder nun partido que temos controlado e que, ao final, casi nos empatan. O mellor foi o resultado”.

Os xogadores do Santiago Futsal saíron á pista con camisolas de apoio á xogadora Itzel Cruz.
Os xogadores do Santiago Futsal saíron á pista con camisolas de apoio á xogadora Itzel Cruz. | Fonte: @Santiago_Futsal

E que ata catro remates á madeira tivo o Jumilla no segundo acto. Chegou a estar 3-0 o Santiago Futsal, tralos goles de Catela e Santi no primeiro tempo e o 3-0 de Dani Montes no minuto 24. Pero os de Santi Valladares non souberon pechar o choque e Jumilla, con xogo de cinco, meteuse na pelexa. Primeiro dous paus e despois os goles de Ary Neto e Raúl Gómez. Alex Diz devolveu a tranquilidade os locais co 4-2, pero Jumilla volveu achegarse co 4-3 de Raúl Gómez. A falla de dous minutos, Catela, dende a propia área, sentenciou o choque para acadar a primeira vitoria do ano para o Santiago Futsal.

Ficha técnica
Palma Futsal 5:
Sarmiento, Vadillo, Eloy Rojas, Joselito, Paradynski –cinco inicial- Attos, Tomaz, Diego Fávero, Chicho, Maico, Éder e Barrón.
Pescados Rubén Burela 2: Miñano, Isi, Iago Míguez, Renato, Matamoros –cinco inicial- Sergio Cora, Iago Rodríguez, Antoñito, Chano e Carlitos.
Goles: 1-0: Eloy Rojas (2’). 1-1: Matamoros, de penalti (13’). 2-1: Eloy Rojas, dobre penalti (14’). 2-2: Matamoros, dobre penalti (20’). 3-2: Paradynski (30’). 4-2: Chicho (37’). 5-2: Paradynski (40’).
Árbitros: Cuesta Sánchez e García Donas. Expulsaron a Isi por dobre cartón e ao técnico Daniel Ibañes (minuto 32) no Burela, e amarelas a Matamoros, Carlitos e Antoñito. No Palma Futsal, amarelas a Attos, Chicho e Éder.
Incidencias: partido da 16ª xornada 16 da LNFS no pavillón balear de Son Moix.

Puido merecer algo máis o Burela na súa visita a Palma. A pouco máis de dez minutos do final, os burelaos mantiñan o 2-2 no marcador. Trala rigorosa expulsión de Isi, chegou o 3-2 dos baleares, obra de Paradynski. Burela tivo un par de ocasións para empatar, pero Chicho fixo o 4-2 no 37’. Nos instantes finais, Paradynski de novo puxo o 5-2 definitivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta