CxG preséntase ao seu congreso refundacional cun único aspirante á Secretaría Xeral

Estará liderada por Juan Carlos Piñeiro Docampo (1977), ex edil socialista e ex candidato de Compromiso por Lugo nas pasadas autonómicas. Para o Consello Político Nacional presentáronse 43 candidatos.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 14/01/2017 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Juan Carlos Piñeiro será o vindeiro líder de Compromiso por Galicia (CxG). Foi o único que se presentou como candidato á Secretaría Xeral ao II Congreso Nacional desta formación que se celebrará o 21 de xaneiro e que se considera xa como un congreso refundacional tras a baixa de numerosos militantes nos últimos tempos.

Juan Carlos Piñeiro Docampo, futuro secretario xeral de Compromiso por Galicia
Juan Carlos Piñeiro Docampo, futuro secretario xeral de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG

Piñeiro é técnico en mantemento industrial e en prevención de riscos laborais e foi candidato nas pasadas eleccións autonómicas pola provincia de Lugo. Tamén foi concelleiro do PSdeG en Cervo, dende 2000 a 2003, secretario xeral de UGT na Costa Lucense desde 2005 a 2013 e candidato de CxG á alcaldía de Burela en 2015.

“Este é un proxecto necesario para o país e o futuro de Compromiso está aínda por escribir”, indicou Piñeiro Docampo que se amosouse animado ante esta nova etapa. O seu obxectivo é “asentar o crecemento territorial da nosa estrutura” ante o reto das vindeiras eleccións municipais de 2019, nas que está convencido de que a formación galeguista “será a sorpresa”.

43 CANDIDATURAS

O nome de Piñeiro deuse a coñecer no Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia que se celebrou este sábado e no que tamén se deu conta das enmendas presentadas ós tres documentos de debate, o de Política, o de Estratexia e o de Estatutos.

Tamén se validaron as candidaturas presentadas ao Consello Político Nacional, composto por 30 persoas(15 mulleres e 15 homes). Presentáronse un total de 43 candidaturas. Destaca a presenza de moitas persoas novas polo que a idea de renovación e “reinicio” queda totalmente acreditada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

9 Coppinni

Boa nova para os galeguistas. Marcase camiño afastandose de pasados pouco ùtiles. Moita sorte neste proceso

8 José Díaz

O BNG xa queda lonxe, o proxecto de partido con identidade propia avanza. Moito éxito nesta andaina, e o que lle joda que roia. CxG vai pola súa propia folla de ruta, naide vos ten que marcar o camiño.

7 Abridevos mais

Así que do PSOE e de UGT, tanta apertura á sociedade era isto. Que foi daquel Compromiso que era a "cuarta forza politica de Galicia" segundo o pequeno líder, contando cos tránsfugas e con Terra Galega, e que lle perdoaba a vida a Beiras dicindolle que "aínda hai tempo de sumarse a min, pero apura" a este que sacou 0 votos no seu feudo de Vilar de Santos. Tantas leccións daba e agora quedou neste triste espectáculo de "as nosas eleccións son as seguintes" reducido a un señor que puxo os cartos da empresa familiar de éxito e conseguiu poñerse el de alcalde dun sitio.

1 Berros

Así foron e son as cousas. Non hai máis que iso

6 Santiago

Sindicalista de principios, tocóume en moitas negociacións. Vai dar outro enfoque a CxG. Sorte.

5 Fuciño do Porco

Ben por CxG, un proceso normal e serio nun partido, sen circos e con calidade na resolución da situación. O bo traballo traerá froitos.