O Lugo, 31 e en ascenso

Un gol de Pedraza no minuto 79 dá ao equipo lucense a primeira vitoria sobre o Alcorcón en Segunda e os de Luis César rematan a primeira volta cos mesmos puntos que o ano pasado, pero sextos e en postos de play-off.

Por gcdeportes | Lugo | 16/01/2017 | Actualizada ás 08:54

Comparte esta noticia


Ficha técnica:
CD Lugo 1:
Xose Xoan; Jordi Calavera, Marcelo Djaló, Ignasi Miquel, Serge Leuko; Fernando Seoane, Carlos Pita (Sergio Gil, 46’); Iriome (Pablo Caballero, 72’), Campillo, Pedraza e Joselu (Fede Vico, 87’).
AD Alcorcón 0: Dmitrovic; Fede Vega, Bellvís, David Navarro, Nélson; Víctor Pérez (Álvaro Rey, 81), Toribio, Pablo Pérez (Martín Luque, 58); Óscar Plano (Iván Alejo, 69), Kadir e David Rodríguez.
Gol: 1-0: Pedraza (minuto 79).
Árbitro: Pérez Montero (andaluz). Amarelas a Djaló (76’) e Campillo (86’) nos lucenses e a David Rodríguez (64’) e Martín Luque (90’) no Alcorcón.
Incidencias: partido da 21ª xornada de Segunda División disputado no estadio Anxo Carro ante 3.076 espectadores.

Xose Xoan evitou o gol visitante nunha falta de Óscar Plano.
Xose Xoan evitou o gol visitante nunha falta de Óscar Plano. | Fonte: lfp.es

Con pouco fútbol, pero cun gol de Alfonso Pedraza a dez minutos do final que deu ao CD Lugo a primeira vitoria fronte ao Alcorcón en Segunda (non lle gañara nos 8 partidos anteriores na división de prata). Tres puntos de ouro que serven ao conxunto lucense para rematar a primeira volta en postos de play-off de ascenso. O equipo de Luis César chega á metade do campionato con 31 puntos e iguala a súa mellor primeira volta en Segunda, a tempada pasada con Luís Milla no banco. En troques, os 31 puntos deste ano (8G, 7E e 6P) serven o Lugo para colocarse sexto en postos de play-off de ascenso, mentres que o ano pasado, a estas alturas, eran décimos a tres puntos dos postos de promoción.

Ante o Alcorcón, Luis César recuperou o esquema clásico dos lucenses, un 4-2-3-1, con Iriome e Pedraza nas bandas e Joselu en punta. E Leuko de novo no lateral esquerdo. Xose Xoan evitou o 0-1 no minuto 10 nun lanzamento de falta preciso de Óscar Plano. As mellores dos lucenses chegaron nos pés de Pedraza, pero Dmitrovic estivo atento aos seus remates. Carlos Pita, con molestias físicas, tivo que deixar o campo antes do descanso. O seu substituto tralo paso por vestiarios foi Sergio Gil.

A segunda metade foi aínda máis trabada, con apenas chegadas claras ás áreas. O Alcorcón deu entrada a Alejo e Martín Luque, mentres que Luis César botou man do arxentino Pablo Caballero como segunda punta. Foi Alfonso Pedraza, o xogador cedido polo Vilarreal, quen cunha xogada individual e disparo cruzado bateu por fin a Dmitrovic. Ao Alcorcón non lle quedou outra que ir a polo empate e o Lugo acabou sufrindo, pero Xose Xoan evitou o gol visitante cun paradón a disparo de Kadir no tempo engadido. Triunfo e unha primeira volta case de récord, igual á do ano pasado, con 31 puntos en 21 encontros. O vindeiro sábado, Nástic de novo no Anxo Carro.

Luis César iguala os números (31 puntos) de Luís Milla o ano pasado.
Luis César iguala os números (31 puntos) de Luís Milla o ano pasado. | Fonte: lfp.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta