Luar na Lubre presenta mañá disco e colaboracións especiais

O primeiro concerto de Santiago será moi especial, con convidados como Ismael Serrano, Coral de Ruada e Irene Cerqueiro. A banda Vén de publicar o disco ‘XXX Aniversario’ cunha selección especial de temas.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 27/01/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Luar Na Lubre, unha das bandas de referencia da música folk do noso país, celebra a súa longa traxectoria cun dobre CD recopilatorio, con 15 temas cada un. Non é un recopilatorio tradicional, senón que vai máis alá e aporta unha colección diferente de temas "escondidos", de tesouros "non habituais" pero non por iso menos sorprendentes que os seus grandes clásicos.

Disco polo XXX aniversario de Lúar na Lubre
Disco polo XXX aniversario de Lúar na Lubre

As entradas para o concerto de presentación do novo disco xa están a venda en ataquilla.com, dende só 18 euros máis gastos. O concerto será o próximo sábado 28 de xaneiro no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela. Comezará as 21 horas.

Luar Na Lubre foi premiada en numerosas ocasións con recoñecementos tanto a nivel galego e local, como a nivel estatal, con nove Premios da Música concedidos pola "Academia de las Artes y de la Música" ou cos dous discos de ouro por dous dos seus traballos ao superar as 50.000 copias vendidas en cada un de eles. O primeiro deses discos (Plenilunio) foi entregado por Mike Oldfield na súa casa de Londres, e alí foi onde o músico británico versionou "O Son Do Ar" retitulándoo como "The song of the sun" e incluíndoo como track número 1 do seu álbum Voyager no ano 1996. Este momento foi transcendental para a historia da banda, xa que abriu a posibilidade de que a súa música fose coñecida por un público máis amplo.

E este é o momento que a banda elixe para sacar este novo CD de celebración e reafirmación, xa que non é un recopilatorio tradicional, senón que vai máis alá e aporta unha colección diferente de temas "escondidos", de tesouros "non habituais" pero non por iso menos sorprendentes que os clásicos xa recoñecidos. E aí está a maxia precisamente, na capacidade de sorprender con músicas que forman parte desa traxectoria antes comentada, que brillan con luz propia e que albergan a sosegada tranquilidade que da o tempo.

Unha das sorpresas deste CD é unha versión do mítico tema "Fonte do Araño", composta polo músico e creador galego Emilio Cao, considerado un dos mestres e guía do espírito da música de Luar Na Lubre; con unha visión diferente da orixinal pero que garda as esencias fundamentais da que compoñeu o autor. A colaboración de Ismael Serrano á voz, Nani García nos teclados e a Coral de Ruada nos coros, converten o tema nunha alquimia de sonoridades que non deixará indiferente a ninguén.

Luar na Lubre en directo en Pamplona
Luar na Lubre en directo en Pamplona | Fonte: luarnalubre.com

Outras novidades dentro deste recopilatorio/celebración de XXX Aniversario son as versións actualizadas de tres temas, xa gravados anteriormente en sendos traballos, como a clásica irlandesa "Morrison's jig" da que o grupo fixo unha nova versión diferente coa forza de novos arranxos e a brillante colaboración do magnífico acordeonista galego Víctor Iglesias, o "O soldado desgraciado” con arranxos renovados e con nova sonoridade grazas ás posibilidades técnicas actuais, tamén “Dun tempo para sempre", unha fermosa melodía feita sobre un poema inspirado na cultura celta.

Luar na lubre
Luar na lubre
Tags: #folk #Música
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta