Risas a cachón con Quequé, Ignatius e David Broncano

O Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela acolle o vindeiro venres 20 de xaneiro ás 20.30 horas o espectáculo de humor protagonizado por Quequé, Ignatius e David Broncano titulado "La vida moderna".

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 19/01/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

As entradas están dispoñibles a través das canles habituais de Afundación, como en Ataquilla.com. Parten dun prezo de 10 euros. A actuación en Santiago será o venres 20 de xaneiro a partir das 20:30 horas. O sábado 21 de xaneiro estarán en Vigo, onde as entradas parten dos 9,9 euros.

David Broncano, Ignatius e Quequé
David Broncano, Ignatius e Quequé | Fonte: Rambleta

As orixes do que os seus protagonistas definen como un espectáculo «non apto para cardíacos» deben procurarse no ano 2014 cando a emisora de radio Cadena Ser confiou en David Broncano para dirixir un novo programa. O presuposto era tan exiguo que só puido contratar «dous señores maiores con problemas co alcohol: Quequé e Ignatius», comentan con evidente humor negro. 

Contra todo prognóstico, o que comezou sendo un programa especial para a tempada estival acabou converténdose nun espazo diario que acabou por derivar na creación dun espectáculo de humor, La vida moderna, que presentan xa nos escenarios. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta