Temas: SERGAS GRIPE

O 90% bota máis de 4 horas esperando en urxencias antes de poder ver un médico

A práctica totalidade dos hospitais galegos rexistraron colapsos e longuísimas esperas esta fin de semana nos servizos de urxencias. A situación pode empeorar ante a chegada dunha nova vaga de aire frío esta semana. Ademais, o pico da epidemia de gripe de todos os invernos aínda está por chegar.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/01/2017 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

Ante este escenario, a Xunta de Galicia está a recibir críticas dende múltiples sectores sociais e políticos. 

Protesta contra os recortes nos hospitais
Protesta contra os recortes nos hospitais | Fonte: CCOO

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria acaba de publicar unha carta dos médicos de urxencias do CHUS, o hospital de Santiago. Nela os facultativos responden as  declaracións do xerente do Hospital Clínico, que os acusou de seguir indo a tomar o café no lugar de esforzarse máis diante da crise. Os médicos alertan dun “problema de xestión” e rexeitan que, como se lle pide dende a Xerencia, teñan que ser máis rápidos no seu traballo. 

Pola súa banda, o sindicato Comisión Obreiras argumenta que os colapsos non son produto da gripe, senón dos recortes. A central recorda que o SERGAS perdeu 1.800 postos de traballo durante a recesión. Moitos dos que conservan o seu emprego teñen que facelo en condicións extremadamente precarias, con contratos por días ou mesmo por unhas poucas horas.  Comisións pídelle ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, que destitúa dos seus cargos os xerentes que “nin estiveron nin están á altura da situación”.

A nivel político, o PSOE de Santiago lembrou que na Comarca de Compostela permanecen 60 camas de hospital sen usar, pechadas. Paco Reyes, o seu voceiro local, alertou hoxe tamén da “falta de facultativos e persoal de enfermería”. 

Colapso nas urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo o 15 de decembro de 2016
Colapso nas urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo o 15 de decembro de 2016 | Fonte: Galiza Ambulancia Twitter

Os socialistas piden medidas urxentes ante unha situación crítica.  Din que houbo un incremento de máis do 30% das persoas atendidas ao día, pasando de 300 a “arredor de 400/500”. Segundo os seus datos, a media de estadía en Urxencias para os composteláns é de 8 horas durante estes días. O 90% deles botan máis de 4 horas antes de ver ao médico. Dos que están tan mal que necesitan hospitalización, só un 10% logra unha cama nas dúas primeiras horas. 

A crise tamén tivo eco no Parlamento, que está a debater os orzamentos. O voceiro de En Marea explicou que votarán en contra porque a Xunta prorroga os recortes. Luís Villares denunciou o "colapso das urxencias" e recordoulle ao PP que no SERGAS “negaron medicamentos que necesitaban os doentes de hepatite C”, feito polo que siguen imputados por homicidio varios cargos da Consellería de Sanidade. 

Temas: SERGAS GRIPE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 galegoexiliado

O que mais me gusta das políticas franquistas é que tamén as disfrutan os seus votantes. Pois nada, a disfrutar, e á hora de votar non vos olvidedes....sempre popular.

3 Valdeorras Nazón

A culpa é dos vagos da CIG que f. a Sanidades Pública.

2 Dr Bacterio

Non esquezades que detrás do colapso nas Urxencias está unha política do PP de desprestixio á Sanidade Pública e para desviar pacientes ós Hospitais Concertados que, cada vez fan máis NEGOCIO

1 Dalle que libras

Verde Remeseiro e o seu equipo van deixar o CHUS, para trasladarse A Coruña a "dirixir" o CHUAC