O activista de Coia (Vigo) imputado non será xulgado ao retirarse a acusación na súa contra

O activista de Coia Diego Lores, acusado de empurrar a un axente que sufriu lesións durante unha das protestas contra a instalación por parte do Concello de Vigo dun barco nunha rotonda da cidade, en decembro de 2014, non será xulgado este martes, como estaba previsto, despois de que a acusación particular retire a denuncia no seu contra.

VIGO | 16/01/2017 | Actualizada ás 21:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O activista de Coia Diego Lores, acusado de empurrar a un axente que sufriu lesións durante unha das protestas contra a instalación por parte do Concello de Vigo dun barco nunha rotonda da cidade, en decembro de 2014, non será xulgado este martes, como estaba previsto, despois de que a acusación particular retire a denuncia no seu contra.

Así o comunicou a Europa Press o propio Lores, que explicou que na mañá deste mesmo luns soubo que a acusación particular, exercida por un policía, "decidiu botarse atrás". "Rubricouse que se baixaba desta historia", confirmou.

Para reclamar a súa absolución, a Asemblea Aberta de Coia iniciou este domingo na Parroquia do Cristo da Victoria un encerro solidario que inicialmente ía concluír este martes cunha marcha ata o xulgado, onde se ía celebrar o xuízo contra o activista.

Non obstante, Lores indicou que ao retirarse a acusación e, polo tanto, suspenderse o xuízo, decidiron realizar "unha grande asemblea" a última hora da tarde deste luns para celebralo; e continuar co peche ata as 10,30 horas deste martes, cando ofrecerán unha rolda de prensa e a continuación acudirán ata a rotonda onde está instalado o barco.

Lores enfrontábase a unha pena de tres anos e medio de prisión e ao pagamento de 30.356 euros por responsabilidade civil como consecuencia do que xa no seu momento a Asemblea Aberta de Coia acusou como unha "denuncia falsa por agresión" a un axente. Pola súa banda, "a propia Fiscalía recoñeceu que non existen probas".

APOIO

Nas últimas semanas, o colectivo acumulou máis de 1.500 sinaturas a favor da absolución do activista, entre elas do escritor e xornalista Manuel Rivas; o histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras; o voceiro de En Marea no Parlamento galego, Luís Villares; a europarlamentaria do BNG, Ana Miranda; a eurodeputada de Anova, Lidia Senra; e o expresidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Ao coñecer a noticia, Esquerda Unida enviou este luns un comunicado polo que indicou que se une "á celebración" e trasladou a súa "alegría" pola retirada da acusación contra Lores. "Recordamos que a mobilización social non é un delito, senón unha folla de ruta a seguir", rematou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta