AV.- A comisión de caixas constituirase o luns para retomar o seu traballo e a oposición pide que "non sexa fraudulenta"

A comisión de investigación sobre as antigas caixas de aforro galegas constituirase o próximo luns, día 23 de xaneiro, e tanto BNG, como PSOE e En Marea coincidiron na necesidade de que o seu funcionamento "non sexa fraudulento" e sirva para "botar luz" e dar a coñecer á cidadanía galega "o que realmente pasou". Pola súa banda, o PPdeG recordou que, na pasada lexislatura, solicitou a incorporación de todos os documentos "que a puidesen enriquecer".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2017 | Actualizada ás 14:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A comisión de investigación sobre as antigas caixas de aforro galegas constituirase o próximo luns, día 23 de xaneiro, e tanto BNG, como PSOE e En Marea coincidiron na necesidade de que o seu funcionamento "non sexa fraudulento" e sirva para "botar luz" e dar a coñecer á cidadanía galega "o que realmente pasou". Pola súa banda, o PPdeG recordou que, na pasada lexislatura, solicitou a incorporación de todos os documentos "que a puidesen enriquecer".

Así o deron a coñecer este martes os voceiros das catro forzas do Parlamento de Galicia -PPdeG, En Marea, PSdeG e BNG- nas súas comparecencias posteriores á reunión da Xunta de Portavoces e despois de que este luns se coñecese a entrada en prisión de catro exdirectivos de Novacaixagalicia e un avogado polas indemnizacións millonarias.

En primeiro lugar, a voceira parlamentaria do BNG, Ana Pontón, aproveitou para criticar a actuación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no proceso de fusión das caixas e asegurou que "lle debe unha explicación os galegos pola súa responsabilidade nesta situación".

Tras iso, o voceiro socialista Xoaquín Fernández Leiceaga considerou necesario "dar unha explicación de todo o proceso que levou dende a existencia dunhas caixas ata a fusión, intervención e venda", así como aclarar as responsabilidades "tanto de tipo persoal como corporativo e político".

Pola súa banda, o voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, pediu que sexa tomado "en serio" o traballo desta comisión de investigación e instou ao PPdeG a "non poñer vetos" ás persoas que deben comparecer nin aos documentos que se deben de analizar.

Ao respecto, o popular Pedro Puy recordou que a posta en marcha desta comisión ten como obxectivo "rematar os traballos iniciados" na pasada lexislatura e deixou claro que este órgano "estivo aberto ata o final" e que o propio Grupo Parlamentario Popular solicitou a incorporación de todos os documentos "que a puidesen enriquecer".

(((HABERÁ AMPLIACIÓN)))

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta