Temas: AUGA

Unha exposición para aprender a facer un uso responsable da auga

Santiago de Compostela acolleu esta mañá a inauguración da mostra “H2Oh! os segredos da auga da túa cidade”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/01/2017 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A exposición, que comezou hoxe e estará até o 22 de febreiro na rúa, ten como finalidade promover a divulgación científica e a sensibilización da sociedade cara ó uso responsable da auga potable no ámbito urbano e a conservación do medio ambiente.

Acto apertura da exposición H2Oh! en Santiago
Acto apertura da exposición H2Oh! en Santiago

As dúas unidades despregables coas que conta a exposición están instaladas na Alameda de Santiago de Compostela. O público que podrá disfrutar de audiovisuais, fotografías artísticas e xogos virtuais e interactivos.

O ciclo urbano da auga e os seus procesos, a súa xestión óptima cara a mellorar o desenvolvemento xeral e asegurar o abastecemento das grandes cidades, e os retos aos que nos enfrontamos co crecemento demográfico, e o cambio climático, constitúen o reclamo desta mostra. A exposición está de moita actualidade, ao fío da alerta por seca anunciada pola Xunta de Galicia o xoves pasada.

A exposición, que xa pasou por outras localidades do país, está promovida pola Fundación “La Caixa” e ViAQUA e nesta edición conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela.

Temas: AUGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

que inviten a Caballero para ver se aprende algo...? https://flic.kr/p/QpAGAj