Temas: INFANCIA

“Negocio empresarial” coa tutela de menores

Galicia lidera as autonomías con menores tutelados en centros privados, no lugar de estaren con familias de acollida, unha opción mellor para os cativos e máis económica para administración.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/01/2017 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A portavoz de Política do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou hoxe ao goberno galego de amparar o “negocio empresarial” de entidades privadas concertadas que “fan negocio a través da tutela de menores”. Así o dixo no debate na Comisión de Política Social dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista con diversas propostas para reforzar a figura do acollemento familiar, que foi rexeitada pola maioría do PP.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de pagar a entidades que ofrecen un servizo “en malas condicións” relaxando os niveis de control ata o punto de que “nin sequera se encargan de revisar e mirar en cómo están” e cómo atenden aos menores. A Xunta, dixo, “oculta” os datos de acollemento de menores baixo tutela da administración.

O PSOE denuncia que Galicia é a Comunidade Autónoma con máis prazas para menores de 0 a 6 anos en centros de acollida. A tendencia nos servizos sociais vai na dirección de desaloxar os centros para poñer aos menores ao abrigo das familias de acollida.

A deputada advierte que ao custe emocional “altísimo” que ten para estes rapaces e rapazas, hai que sumar o custe económico que lle supón ao goberno galego, que destina entre 1.360 e 1.580 euros por cada unha destas prazas concertadas, mentres as familias reciben como máximo ata 600 euros no caso de nenos de ata un ano acollidos.

Noela Blanco
Noela Blanco

Temas: INFANCIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta